A Mesa pola Normalización Lingüísitica, en coordinación con movementos de renovación pedagóxica, ANPAS e organizacións sindicais deseñan de xeito conxunto un modelo de sistema educativo co galego como lingua vehicular e de aprendizaxe.
A Xunta, polo momento (non importa cando o leas) non contesta
Entre as bases destacamos algunha como:
- A administración educativa garantirá material en galego para todas as áreas, materias e módulos profesionais. [Actualmente prohíbese en varias materias, e en case todos os módulos profesionais non houbo nunca material na nosa lingua]
- A Xunta de Galiza levará a cabo unha campaña de informa-ión e sensibilización no conxunto da sociedade sobre o alcance e importancia deste modelo para devolverlle ao noso idioma o status que lle corresponde. Así mesmo, programará unha ampla información e formación específica tanto para ANPAS e familias como para persoal non docente.[Alguén recorda algunha campaña neste sentido nos gobernos do PP?]
- En todos os procesos selectivos e de acceso á función pública o profesorado estará obrigado a realizar unha das probas, como mínimo, en lingua galega, e nela terá que mostrar competencia oral e escrita para o uso do noso idioma.[Esta esixencia é de mínimos. Con todo non se dá hoxe en día. Non se garante en forma algunha a competencia en lingua galega no acceso á función docente. Non estaría de máis establecer tamén garantías para o sector privado]
Proposta de bases para a normalización do ensino by kiarqu2458 on Scribd
Ningún comentario:
Publicar un comentario