Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 18 de xuño de 2020

Galego, para que?

Editorial de Nós Diario:
Coa escusa da COVID-19, o Goberno de Feixoo volve meterlle a tesoira á lingua galega. Como o idioma xa está pouco desprazado no ensino, onde por decreto ficou prohibido para impartir as materias científicas, agora a Xunta da Galiza vén de liquidar a convocatoria para proxectos de fomento do galego nos centros. "Por mor da pandemia ocasionada pola COVID-19...", comeza o correo electrónico do Goberno de Feixoo. Mais non era necesaria a xustificación coa cantidade de evidencias de desprezo á lingua propia en todas as súas etapas de goberno. Debera a Xunta reflexionar e comezar por mudar unha convocatoria que no pasado ano rexeitou máis de 80% das contías solicitadas por centros públicos para fomentar o galego. Até as institucións internacionais alertan da grave situación que sofre o idioma, sobre todo, no ensino, onde, debido ao desleixo dun Goberno que discrimina a lingua, hai alumnado que remata a escolarización sen capacidade para se desenvolver normalmente en galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario