Jorge Mira, catedrático de electromagnetismo, e Mª Victoria Otero, decana da Facultade de Matemáticas, explican un traballo que realizaron usando unha ecuación diferencial para estudar o conflito lingüístico galego. Entre outras cousas explícase que o futuro do galego ten como un dos piares fundamentais unha política lingüística que incremente o seu prestixio frente comparativamente co castelán. Actualmente, segundo unha ferramenta matemática elaborada por este grupo de profesores da USC, o castelán triplica o prestixio da lingua galega.
A conclusión é que o futuro do galego depende de todos nós. Se o prestixio do galego é o suficiente, o galego terá unha longa vida. Claro que unha política que prohíba impartir as clases de matemáticas en galego non será a que nos leve por ese necesario incremento do prestixio.
Pola contra, hai uns anos unha das explicacións que se daban era precisamente que se centrara demasiado a política lingüística nas élites como modelos, o que provocara que os galego falantes visen "ese galego" como algo afastado. A saber...
ResponderEliminarAs explicacións sociolingüísticas son esencialmente de dous tipos: as que xustifican a preponderancia da lingua invasora e que os falantes usen esta lingua, e as normalizadoras.
EliminarAsí que como che digo unha cousa tamén che digo a contrariam non si?