No CEIP de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa) lanzaron este vídeoclip que ten o mérito multiplicado de que tanto a letra como a música son orixinais compostas polo alumnado e profesorado do centro. A imaxe de fondo do vídeo, "Mujeres", foi cedida pola súa autora, a ilustradora Inés Vilpi.
Esta peza musical e audiovisual é o punto final dun proxecto, Mulleres na historia, que desenvolveron durante o curso.
Como ningunha das que escolleron era matemática, voulles recomendar esta publicación para que, no vindeiro curso, engadan algunha mulles dos números á súa lista.
Ola! Graciñas por mostrar o noso traballo
ResponderEliminartraballamos moitas máis mulleres pero non nos cabían todas na canción je je pero algúnha matemática sí que sae.....
Hipatia é muller ....... ;-)
Bicos
Estes días preguntábame a razón de por que había tantas visitas a esta entrada, e agora xa vexo por onde vén a cousa.
EliminarE si, estaba Hipatia. Creo que foi que tiña o vídeo gardado de había un tempo e que despois escribín a entrada sen repasalo.
Aproveito para felicitarvos polo traballo. Encantador, e creo que xa o dixen, moi bonito.