Quizais xa o víchedes na tele, porque o acontecemento tivo moita repercusión. Foi hai un mes, o pasado 16 de maio. Unha cadea formada por mozas e mozos dos dous institutos de Lalín estendeuse entre os dous centros. Unha cadea humana de máis de un quilómetro, a distancia que hai entre o IES Laxeiro e o IES Ramón Mª Aller Ulloa, que contou coa colaboración da policía local. Os rapaces colocáronse polas rúas Luís González Taboada, D e Penatoare. Unha vez que confluíron, utilizouse a cadea para intercambiarse libros. O IES Aller Ulloa entregoulle ao outro centro Astronomía a ollo ceibe, (o libro que debía ser o primeiro libro de divulgación científica en galego, proxecto fanado polo desastre da Guerra Civil e posterior dictadura) e Presas fáciles, de Miguelanxo Prado. Do IES Laxeiro partiron Historia do ADN, de Daniel Soutullo, e Cantos de poeta, de Gelria.
Ambos centros fixeron público un manifesto conxunto no que destacan a importancia da ciencia en galego, agora prohibida nos centros de ensino pola defenestación do funesto decreto do plurilingüismo ao que cualifican acertadamente no manifesto como "exemplo de estratexia de substitución lingüística habilmente calculada."

Ningún comentario:
Publicar un comentario