Grazas a este chío de Miguel Grandío, souben da existencia deste vídeo, un máis dos que participan nesa xenial iniciativa que é Youtubeir@s
Na descrición do audiovisual infórmasenos que é o primeiro capítulo dunha serie titulada "Descubrindo as palabras". A cousa promete.
O Portal das Palabras adicoulle unha entrada a "pino" e outra a "piñeiro" indicando que a etimoloxía de ambas palabras procede do mesmo vocablo latino pinus-i, só que a segunda sufriu maior variación xa que parece ser que deriva da forma pinarius, do baixo latín.
Tamén é moi curioso ver como as corporacións municipais se meten a ensalzar símbolos por presuntas relacións lingüísticas sen fundamento lingüístico ningún. No vídeo vemos á presentadora a carón da estatua do galo piñeiro. Bo sería que antes consultaran a alguén que saiba do tema, e aínda mellor sería que actuasen con respecto á lingua de noso.
Moitas grazas por compartir tanto bo saber e facer...
ResponderEliminarSempre vos temos presentes, respectamos moito moito o voso traballo e xenerosidade por compartir publicamente.
Parabens e agradecementos múltiples.
Grazas a vos, por compartilo tamén.
Eliminar