Neste impresionante documental escoitaremos falar unha lingua morta hai 100 anos. Blas Jaime conserva as falas herdadas da súa bisavoa por unha cadea que pasou pola avoa e a nai. Nunha reportaxe xornalística Blas Jaime explica que "los nombres aborígenes fueron prohibidos (...) Y a las niñas que hablaban chaná les cortaban la punta de la lengua"
Cando quixo ensinarlle esta lingua á súa filla Evangelina, ésta respondeulle que "no quería ser india, que la iban a maltratar e insultar". Evangelina cambiou de opinión cando ela mesma tivo unha filla. Agora quer transmitirlle os seus coñecementos.
A min encantoume a explicación da numeración chaná:
1 = gui,
2 = ama,
3 = jeit,
4= colí,
5 = nam,
6 = nam ati gui,
10 = nam ati nam = ama nam,
25 = nam nam
Gustoume a explicación da numeración baseada no cinco que coincide co nome da man.
ResponderEliminarA mitoloxía e o coidado da natureza tamén resultan interesantes.
Cantas historias se terán perdido coa desaparición de tantas linguas !.
Nesta temporada o blogue vai só, non lle podo prestar moita atención. Por iso non contestei antes.
ResponderEliminarQuizais sexa deformación profesional, pero a explicación da numeración tamén foi o que máis me prestou. Sobre o que comentas sobre as historias que se deberon perder coa morte das linguas, dan mareos con só pensalo.