Soidi é un documental sobre a situación da Fala do Val de Xálima (Cáceres), dirixido por Miguelanxo Lar. Unha fala ancestral de orixe galego-portuguesa que pervive até os nosos días nos tres lugaris situados no no noroeste de Estremadura.
Alén de todo o rebumbio de ideas e opinións sobre a fala, esta peza audiovisual é unha perla para reflexionar sobre a situación do galego na nosa terra. Pódese ver como un espello da nosa situación sociolingüística, de como abrollan os prexuízos, de como se destacan as insignificantes diferenzas entre as "tres falas" (mañego, lagartero e valverdero) e como esas peculiaridades se ven como impedimentos insalvables para unha norma escrita. Obsérvase moi ben, que canto maiores son os prexuízos que amosan os interlocutores, máis dificultades lle poñen tanto normalización como a ese chanzo previo, a normativización. Quen máis prexuízos amosa é quen tamén xa abandonou a fala. Neste mesmo sentido, toda a minusvaloración da lingua minorizada acarrexa unha saca de impedimentos para a impartición da mesma nalgunha hora de ensino regulado.
O futuro da fala dependerá de como afronten e se desfagan deses prexuízos. O mesmo diagnóstico debemos aplicarnos nós. Só o orgullo do propio os (nos) fará libres.
Vía PGL.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario