A Cataluña chegan moitos máis inmigrantes polo que a cuestión está moito máis viva. Quizais poidamos aprender dalgunas iniciativas que teñen en marcha. A Generalitat ofrece unha ampla colección de materiais para a acollida lingüística entre as que podemos destacar un vocabulario en imaxes, unha recompilación de conversas, unha colección de láminas didácticas, outra colección de láminas desde outro enfoque, outra máis en urdú con aspectos históricos, unha colección de libros para comenzar co catalán desde 10 linguas distintas, un curso básico de iniciación á lingua oral e mesmo a organización dun voluntariado de conversa en catalán. Non se esgotan aquí as oportunidades, pois se queres aprender catalán, ofrécense centos de oportunidades con ferramentas tales como un buscador de lugares no que poder facelo.
Ben, e en galego que?
Desde os SNL dalgún concello (A Coruña, Carballo) téñense organizado cursos de acollemento. Pero as iniciativas son escasas debido á escaseza de SNL e da falta de dotación dos mesmos. Cómpre recordar o maltrato que desde a Xunta fixo cos SNL nestes últimos 10 anos, que obrigou a pechar moitos deles e a ficaren inoperativos moitos outros.
Eu levo case 30 anos nos ensino. Nunca vin un material de acollemento lingüístico en galego. O que si teño visto é a alumnos chegados de Brasil ou Portugal que tiñan exenta a materia.... de lingua galega!
A pregunta segue sendo a mesma: Ben, e en galego que?
"Nosotros" en castelán
No ano 2007 na EPA (Educación Para Adultos) do cárcere de Monterroso elaboraran un método de lectoescritura para inmigrantes de lingua árabe en castelán. Chamáronlle Nahono. Non hai nada máis. A Consellería de Educación colgouno entre os materiais didácticos de Educación de Adultos coa seguinte etiqueta:
A pesar da barra (Castelán/galego) o material só existe en castelán. En 12 anos, a ninguén na Consellería de Educación se lle pasou pola imaxinación traelo para o galego.
Se entramos na páxina da Consellería na que está colgado este material, explícase moi claramente en que consiste:
NAHONO (“Nosotros”, en castelán)Outro insulto máis da política lingüística dos gobernos de Feijóo.
Pídolle aos responsables do mantemento do portal da Consellería de Educación que non nos tomen por parvos e que corrixan o anuncio do curso de lectoescritura. Xa lles deixo o traballo feito:
Ningún comentario:
Publicar un comentario