*Manifesta que escribe, escribe, escribe. E a escritura é unha acción.
*Manifesto eu que escribir ela así no seu tempo é unha acción contra os grillóns da escravitude. Libre o seu pensamento
*Manifesta o poema
o espolio dunha perenne miseria, as violacións a roupa de cote puñéronma en tiras, a inxustiza social sin abrigo tembra, os desafiuzamentos embargaránnos todo, o abuso laboral que se amargo pan vos ganan / dádesllo envolto en veneno os éxodos en errantes hordas.
Do XIX ao XXI
*Manifesto eu que un poema con palabras da lingua que eu falo –que non é aquela que bastardean nas mais ilustradisimas provincias– aínda hoxe é un Manifesto. A miña infeliz patria tan desventurada
*Aqués que tén fama de honrados na vila. Galicia. Ano 2017. 82 agresións sexuais raposos de sangre maldita. Galicia. Ano 2017. 6436 denuncias por violencia de xénero vendéume a xusticia. manda, manda, manda, fato, rabaño Dun golpe!
– Manifesta acción o poema –
*Na xa vella baranda un corpo fala. Arrima o seu seo e no frío da reixa tatúa incisións. Traspasa as nosas carnes.
*Estas migallas de liberdade. Alertou. Tenteamos nós compracentes os rostros que nos cegan.
*Aquelas escuras e valerosas heroínas que viven e morren levando a cabo feitos marabillosos por sempre ignorados. – Manifesta que existen –
*De humanos seres a compauta linea polas fronteiras pechadas en columnas nómades, en fronte o arame.
Do XIX ao XXI
*Escrito en medio de todos-los desterros. – Manifesta que sabe que non a escoitan –
*Do meu dor sin igual i a miña afrenta traidora se mofaban. Prende o computador, algún dispositivo. Ladran.
*Manifesta que o poema é o lugar onde a voz afía a sombra.
*Indóciles nos camiños desertos eses versos.
*Cantos de independencia e liberdade. Manifesto.
*Acción que se inunda e anega. Cantarte hei
Ana Romaní Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) #LibreOMeuPensamento_rdc_19
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
martes, 19 de febreiro de 2019
Cantarte hei. Manifest(o)Acción no Día de Rosalía
Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2019, por Ana Romaní
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario