Hai xustamente un mes, no 17 de Decembro de 2016, proclamouse en Donostia o Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos. Os meios de comunicación bascos informaron amplamente deste acontecemento, dando entrada tamén a voces galegas, participantes no mesmo. Os galegos ignorárono absolutamente, agás este dixital, Sermos Galiza e, naturalmente, as páxinas de información da Mesa pola Normalización Lingüística, co-organizadora do evento. Non é unicamente desprezo e falta dunha mínima deontoloxía que reflicta novas que teñen a ver coa nosa lingua. É españolización pura e dura, reforzada até a histeria e, aínda, algo pior, que, como orballo incesante e inclemente, está a penetrar á forza, na conciencia e na práctica lingüística de tantos: a idea de que a lingua galega xa acadou “la cumbre de toda buena fortuna” co que ten ao seu dispor. Non merece máis; nada máis precisa. Nesta lóxica mortífera, en non habendo os reactivos necesarios, asistiríamos a unha agonía lenta, a unha morte adozada pola aparencia, polo estupefaciente: unha fala en declive e un uso de lingua normal imposibilitado e, en todo caso, feramente acoutado e acadarmado.
Dixen que non houbera eco nengún nos meios de comunicación galegos, agás os mencionados, mais engánome. Si houbo unha resposta implícita. No día seguinte á asinatura do Protocolo..., o conselleiro de Cultura e Educación, en entrevista a toda plana, ilustrábanos sobre que “Galicia non ten un problema de coñecemento do galego, este é un problema de uso” e xustificaba que as campañas para fomentar o uso da “lingua propia” realízanas “sempre cunha visión positiva, sen tentar impoñer nada e sen pensar que os que falan outra lingua que non é o galego son menos galegos”. Ignora o conselleiro, ou finxe ignorar, que lingua é uso da lingua, tout court. As campañas de que fala, ulas? De que pozo infecto de cinismo hai que beber para xustificar o continuado e programado uso do español por parte de membros da Xunta: entrevistas, declaracións, intervencións públicas? Foméntase o uso do galego en español? Algo ha de ficar meridianamente claro: a descomunal mentira da “imposición”, a inversión completa da realidade, ao servizo do fantasma, como se o perigo estiver na sobreabundancia de galego normal e non na súa paupérrima exigüidade.
Se de algo valeren a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos e a súa derivada, o Protocolo... citado, é para poñeren de manifesto como non hai dereito posíbel recoñecido se non existir o deber correlativo dos poderes públicos para o facer efectivo na realidade social e pública. Non hai lingua se non hai devolución dun uso individual a través da megafonía social. Hai fala en galego, minoritaria, defrontada á fala multiplicada en español e á lingua dominante, a mesma. Unha lingua normal é ubicua; existe en todas as clases sociais; ten mecanismos garantidos de reprodución e de absorción; dispón de modelos de emulación; abranxe todas as necesidades comunicativas, expresivas, científicas, estéticas, técnicas... Se se falar de normalización (
Fala e lingua. Hai títulos de libros que admiten reversión ou reversibilidade. De provincia a nación, do profesor Beramendi, tamén podería ser, en traxecto histórico inverso, de nación a provincia, se o percurso se iniciase na Idade Media e finalizase en 1833, ano en que o decreto de D. Javier de Burgos, ministro de Fomento, nos esgazou nas catro aberrantes provincias que chegan aos nosos días. Eu propria publiquei en 2001 Direitos lingüísticos e control político, que tamén podería virar en dereitos políticos e control lingüístico. Igualmente, en 2009, De fala a lingua: un proceso inacabado, con referencia ao noso tempo histórico mais con posibilidade de estudar o proceso inverso: de lingua a fala, elevada á categoría de uso formal na literatura do XIX, após anos de imposición do castellano como idioma público e dominante en todos os usos secundarios.
Non é distinción bizantina. O ano pasado, 2016, cumpríronse 50 da publicación da Gramática elemental del gallego común, de Ricardo Carvalho Calero. O cincuentenario pasou -que eu saiba- totalmente inadvertido, como tantas outras efemérides significativas da nosa nación. Sendo a súa edición príncipe a de 1966, acadou sete, até 1979. Non por casualidade. Este ano é o seguinte da promulgación da Constitución española e é o inmediato anterior á votación do Estatuto de Autonomía. A partir de aquí, Carvalho Calero, Kaput, para a oficialidade. O seu discurso, a súa obra inxente, continuación propositada e directa da iniciada no nacionalismo galego anterior a 1936, xa non tiña valor no dispositivo autoanémico. Era contraproducente, por reveladora dunha historia de noso, por paixón investigadora da nosa literatura, por honestidade non vendíbel para as institucións delegadas e españolizadas que se estaban a montar. E, en contrapartida, aquelas sete edicións da Gramática..., que poucas veces se lembrou a utilidade grande que tiveron para tantos e para tantas que nos achegabamos, con fame atrasada, ao coñecemento da lingua que se nos furtara e que mantiñamos a vontade de a falar e de a escreber coa maior autenticidade e calidade. Desprezada por “diglósica” pola petulancia filolóxica parvenue, obviábase algo elementar como o adxectivo que figuraba no seu título: o idioma forzoso de que partiamos todos, absolutamente todos, no aprendizado volitivo do galego, nuns anos en que, non por casualidade, se abre paso como necesidade e como querenza a práctica normal do galego (na década en que renace, ou nace contemporaneamente, o nacionalismo galego, na década dos sesenta do século XX). Gramática para animar o uso do galego oral e escrito, o galego non continuísta deturpado por décadas de dominio do idioma oficial do Estado, senón o galego xenuíno, reposto en toda a súa natureza sintáctica, semántica, fonolóxica e fraseolóxica.
Lingua, non colección de “falas”, como as que, moi pouco despois, alimentaron múltiplas teses ou tesiñas programadas polo departamento de Filoloxía Románica e polo seu catedrático, Constantino García, auténtico director, conselleiro na sombra, da cuestión lingüística durante tantos anos (non sobraría que os sucesivos titulares da Dirección de Política Lingüística relatasen a verdade desta teledirección). Mais vaiamos ás consecuencias visíbeis desta transformación. Se a memoria non me engana, durante un tempo non pequeno este profesor asturiano mantivo nas páxinas de La Voz de Galicia a sección “O recanto da lingua” (coido que non trabuco o nome). Tamén, como os anteriores, á vista da anana presenza do galego actual na prensa escrita, título reversíbel: a lingua nun recanto. Entremedias, calculemos: cantas gramáticas se editaron; cantos artigos de tema lingüístico; cantos manuais; cantos libros de texto; cantas teses e tesiñas, cantas historias do galego? Canto diñeiro se leva gasto na publicación de volumes e similares sobre o galego, canta metalingüística se leva feito? Pido que ninguén deduza destas miñas perguntas intención liquidadora ou desprezo polo traballo realizado (pola conta que me ten, a comezar por min mesma...). Só quero pór de relevo un feito incontestábel, que se resume doadamente nunha operación aritmética: se o dividendo (as facilidades supostas para o uso do galego) aumentou considerabelmente e o divisor (o número de habitantes) se mantivo ou foi a menos, o cociente (o incremento de utentes conscientes), teoricamente, tería de aumentar a ollos vista. Non só non aconteceu, senón que a deriva foi a contraria. Non é isto motivo de reflexión para os cultivadores científicos da lingua? Non se senten atinxidos pola falta de destinatario das súas altas disquisicións? Non se alarman pola abismal falta de correspondencia entre metalingua e lingua real practicada? Non están dispostos a perderen uns minutos do seu precioso tempo, para alén das súas proprias biografías académico-profisionais, a repararen en como os vellos preconceitos anti-galegos están a abrollar de novo, alimentados pola españolización-globalización brutal?
Chégame, claro está, o eco da resposta moralista: todos somos culpábeis. Seremos, mais a escala das responsabilidades é ben diferente, abofé. Acaso non nos decatamos da descarada actualidade das palabras de Menéndez Pidal, hai máis de cen anos (en 1902), cando pontificaba: “El Estado, lejos de buscar la muerte del catalán, debe promover su estudio, aunque no el estudio empírico y elemental de la escuela, que es innecesario y no se puede sumar con el preciso de la lengua nacional, sino el estudio más profundo y científico en la Universidad”. Mudemos “catalán” (o “problema” a aquela altura, como hoxe...) por “galego”. Que eficaz e exacto foi o aserto do inventor do mito españolista do Cid! Aplaudiría, en estando neste mundo, o aplicados que lle saíron os gobernantes galegos e todos os que os secundan! Claro que este seu contributo académico ten todo a ver coa vitoria eleitoral da Lliga Regionalista catalá en 1901 e o perigo que supuña para a política española (a academia, onte coma hoxe, sempre presta a render bons servizos a quen lle dá de comer...). Mais dáse a circunstancia de que, se Cataluña, desde aquela, seguiu un camiño ascendente, nós, desde as Irmandades da Fala e, moito despois, desde os anos sesenta e setenta do pasado século, seguimos un camiño descendente.
Moveranos a algo esta recordación histórica? Terei de lembrar que non estou atacada de nengún virus sadomasoquista cando abro o corazón e a cabeza a estas reflexións? Que non profeso en nengunha confraría do desánimo ou da resignación, de seu estéreis? Por contra, aplicar receitas conformistas ou calquer sorte de fatalismo coido que é a pior das solucións. Mellorar a saúde da doente só o conseguiremos diagnosticándoa ben, non envolvéndoa en apósitos perfumados.
Fala diglósica en declive. Escrita limitada e reducida. Aínda nos falta moito para sermos lingua plena.
Fala e lingua. Hai títulos de libros que admiten reversión ou reversibilidade. De provincia a nación, do profesor Beramendi, tamén podería ser, en traxecto histórico inverso, de nación a provincia, se o percurso se iniciase na Idade Media e finalizase en 1833, ano en que o decreto de D. Javier de Burgos, ministro de Fomento, nos esgazou nas catro aberrantes provincias que chegan aos nosos días. Eu propria publiquei en 2001 Direitos lingüísticos e control político, que tamén podería virar en dereitos políticos e control lingüístico. Igualmente, en 2009, De fala a lingua: un proceso inacabado, con referencia ao noso tempo histórico mais con posibilidade de estudar o proceso inverso: de lingua a fala, elevada á categoría de uso formal na literatura do XIX, após anos de imposición do castellano como idioma público e dominante en todos os usos secundarios. Non é distinción bizantina. O ano pasado, 2016, cumpríronse 50 da publicación da Gramática elemental del gallego común, de Ricardo Carvalho Calero. O cincuentenario pasou -que eu saiba- totalmente inadvertido, como tantas outras efemérides significativas da nosa nación. Sendo a súa edición príncipe a de 1966, acadou sete, até 1979. Non por casualidade. Este ano é o seguinte da promulgación da Constitución española e é o inmediato anterior á votación do Estatuto de Autonomía. A partir de aquí, Carvalho Calero, Kaput, para a oficialidade. O seu discurso, a súa obra inxente, continuación propositada e directa da iniciada no nacionalismo galego anterior a 1936, xa non tiña valor no dispositivo autoanémico. Era contraproducente, por reveladora dunha historia de noso, por paixón investigadora da nosa literatura, por honestidade non vendíbel para as institucións delegadas e españolizadas que se estaban a montar. E, en contrapartida, aquelas sete edicións da Gramática..., que poucas veces se lembrou a utilidade grande que tiveron para tantos e para tantas que nos achegabamos, con fame atrasada, ao coñecemento da lingua que se nos furtara e que mantiñamos a vontade de a falar e de a escreber coa maior autenticidade e calidade. Desprezada por “diglósica” pola petulancia filolóxica parvenue, obviábase algo elementar como o adxectivo que figuraba no seu título: o idioma forzoso de que partiamos todos, absolutamente todos, no aprendizado volitivo do galego, nuns anos en que, non por casualidade, se abre paso como necesidade e como querenza a práctica normal do galego (na década en que renace, ou nace contemporaneamente, o nacionalismo galego, na década dos sesenta do século XX). Gramática para animar o uso do galego oral e escrito, o galego non continuísta deturpado por décadas de dominio do idioma oficial do Estado, senón o galego xenuíno, reposto en toda a súa natureza sintáctica, semántica, fonolóxica e fraseolóxica. Lingua, non colección de “falas”, como as que, moi pouco despois, alimentaron múltiplas teses ou tesiñas programadas polo departamento de Filoloxía Románica e polo seu catedrático, Constantino García, auténtico director, conselleiro na sombra, da cuestión lingüística durante tantos anos (non sobraría que os sucesivos titulares da Dirección de Política Lingüística relatasen a verdade desta teledirección). Mais vaiamos ás consecuencias visíbeis desta transformación. Se a memoria non me engana, durante un tempo non pequeno este profesor asturiano mantivo nas páxinas de La Voz de Galicia a sección “O recanto da lingua” (coido que non trabuco o nome). Tamén, como os anteriores, á vista da anana presenza do galego actual na prensa escrita, título reversíbel: a lingua nun recanto. Entremedias, calculemos: cantas gramáticas se editaron; cantos artigos de tema lingüístico; cantos manuais; cantos libros de texto; cantas teses e tesiñas, cantas historias do galego? Canto diñeiro se leva gasto na publicación de volumes e similares sobre o galego, canta metalingüística se leva feito? Pido que ninguén deduza destas miñas perguntas intención liquidadora ou desprezo polo traballo realizado (pola conta que me ten, a comezar por min mesma...). Só quero pór de relevo un feito incontestábel, que se resume doadamente nunha operación aritmética: se o dividendo (as facilidades supostas para o uso do galego) aumentou considerabelmente e o divisor (o número de habitantes) se mantivo ou foi a menos, o cociente (o incremento de utentes conscientes), teoricamente, tería de aumentar a ollos vista. Non só non aconteceu, senón que a deriva foi a contraria. Non é isto motivo de reflexión para os cultivadores científicos da lingua? Non se senten atinxidos pola falta de destinatario das súas altas disquisicións? Non se alarman pola abismal falta de correspondencia entre metalingua e lingua real practicada? Non están dispostos a perderen uns minutos do seu precioso tempo, para alén das súas proprias biografías académico-profisionais, a repararen en como os vellos preconceitos anti-galegos están a abrollar de novo, alimentados pola españolización-globalización brutal? Chégame, claro está, o eco da resposta moralista: todos somos culpábeis. Seremos, mais a escala das responsabilidades é ben diferente, abofé. Acaso non nos decatamos da descarada actualidade das palabras de Menéndez Pidal, hai máis de cen anos (en 1902), cando pontificaba: “El Estado, lejos de buscar la muerte del catalán, debe promover su estudio, aunque no el estudio empírico y elemental de la escuela, que es innecesario y no se puede sumar con el preciso de la lengua nacional, sino el estudio más profundo y científico en la Universidad”. Mudemos “catalán” (o “problema” a aquela altura, como hoxe...) por “galego”. Que eficaz e exacto foi o aserto do inventor do mito españolista do Cid! Aplaudiría, en estando neste mundo, o aplicados que lle saíron os gobernantes galegos e todos os que os secundan! Claro que este seu contributo académico ten todo a ver coa vitoria eleitoral da Lliga Regionalista catalá en 1901 e o perigo que supuña para a política española (a academia, onte coma hoxe, sempre presta a render bons servizos a quen lle dá de comer...). Mais dáse a circunstancia de que, se Cataluña, desde aquela, seguiu un camiño ascendente, nós, desde as Irmandades da Fala e, moito despois, desde os anos sesenta e setenta do pasado século, seguimos un camiño descendente. Moveranos a algo esta recordación histórica? Terei de lembrar que non estou atacada de nengún virus sadomasoquista cando abro o corazón e a cabeza a estas reflexións? Que non profeso en nengunha confraría do desánimo ou da resignación, de seu estéreis? Por contra, aplicar receitas conformistas ou calquer sorte de fatalismo coido que é a pior das solucións. Mellorar a saúde da doente só o conseguiremos diagnosticándoa ben, non envolvéndoa en apósitos perfumados. Fala diglósica en declive. Escrita limitada e reducida. Aínda nos falta moito para sermos lingua plena.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
martes, 24 de xaneiro de 2017
De fala a lingua (ou viceversa)
por Mª Pilar García Negro, no Terra e Tempo:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario