Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
martes, 10 de xaneiro de 2017
As viñetas sobre prexuízos do calendario da ANL da Universidade de Vigo
Onte correu como o o lume polas redes sociais a noticia da edición dun calendario do 2017 publicado pola Área de Normalización Lingüística (ANL) da Universidade de Vigo. O seu éxito débese ás 12 viñetas (unha por mes) de Davila arredor dos prexuízos lingüísticos. Ben certo é que os cadriños de Davila non teñen desperdicio ningún, e todos eles gardan detrás súa moita miga que debullar. Así este calendario ben pode ser un excelente recurso educativo.
Presento aquí a portada porque me chamou a atención. Non lle vedes nada raro? Pensádeo un pouco e despois premendo aquí abaixo pódese descubrir o que me renxeu nesta viñeta, a ver se coincidimos.
Ben, penso que aquí Davila non acertou. Por unha banda está ben que a mestra se dirixa a Roi en castelán, xa que nesta viñeta a mestra representa o papel de portavoz oficial, institucional. Pero se Roi realmente perdeu a lingua, debería ter contestado: "La lengua!" Curiosamente a viñeta transmitiría con toda a forza a mensaxe normalizadora se os globos ofrecesen todo o diálogo en castelán. Paradoxos sociolingüísticos.
Etiquetas:
humor,
Luis Davila,
prexuízos,
publicación,
recurso educativo,
SNL,
Universidade,
Vigo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Eu penso que está acertado. Está no proceso de perder a lingua na escola. Está a procurala na escola, en infantil, e non a atopa.
ResponderEliminar