Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 13 de xaneiro de 2017

O galego, o idioma da Galiza, a identidade dun pobo

por André Abeledo Fernández, no Sermos Galiza:

Galiza é unha nación e un pobo con unha identidade de seu, temos unha cultura, unha historia e un idioma propios, estas características nos fan galegos.

O noso idioma forma parte fundamental da nosa identidade, o galego foi sempre o idioma da clase traballadora galega, foi lingua de resistencia, e continua resistindo en condicións moi difíciles.
O peche dos centros de atención á clientela na Galiza para centralizar este servizo en terceiros países busca que estás empresas poidan conseguir maiores beneficios, mentres destrúese emprego na nosa terra, pero isto é ademais un insulto a todo un pobo, un menosprezo inaceptable ao noso idioma, un xeito de pisar a nosa dignidade.
Alguén pode imaxinarse que estas empresas fagan o mesmo en Cataluña?, verdade que non?, pois as galegas e galegos debemos facer valer o noso dereito a ser atendidos no noso idioma na nosa terra.
As galegas e galegos debemos esixir respecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario