Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 24 de maio de 2017

Letras Galegas: o galo de Barcelos, a galiza azul e o galo merdeiro

por Iolanda Teixeiro Rey no Sermos Galiza:


Naquel curral sempre se deitavan coas galiñas. Muito antes de asomar aquela primeira estrela pola Galaxia, todas as galiñas brancas pintarraxáranse de azul, non para protexer da tralla do cacique a galiña azul, como puidera parecer, senón máis ben para lles poder vender esas cinco plumas vermellas que portava, ás editoras do curral. Havía muito que se fixera a descuberta de que as devanceiras das pitas brancas non cantavan nen cocoricó nen cacaracá senón un outro belido canto mui semellante ao quiriquí do galo de Barcelos. Nobre canto que fora das mellores Cortes empoleiradas das vellas terras. Mais aquelas pitas, ignorantes do que pasava fóra do galiñeiro, pasavan os días e anos esgaravellando na busca de vermes e graos de millo. A criar a galiñaza, ese esterco tan rico en nitróxeno, potasio e potasa que alimentava eses kiwis chantados nos petroglifos milenarios. O galo negro matinava á sombra da Galaxia cobizando pintar de azul todas as pitas chocas. E anque desde as fartas orelas do Mondego e de Alénmar chegava o ecoar dos quiquirís tan claros como o abrente, aquelas galiñas desplumadas non vían os aramios que lles coutavan a vida ao ar livre. Afixéranse a eses xeranios florais dos que picavan esas follas gorentosas e primaverais. Ao canto do galo negro, todas as aves de curral eran a poñer uns ovos líricos de xemas requintadas cos que alimentavan a paraplexia das seguintes xeracións de parceiros. Xa non cantavan os galos para o día. Cantavan unhas galiñas con crista e espolóns que se alcumavan de galos entre elas.


Namentres, no curral veciño, apenas arredado polas augas dun río ao que unhas aves chamavan Miño e as outras Minho, un galego inocente que fazía o Camiño a Compostela se tornara suspeito dun crime e cando ía ser enforcado, o galo de Barcelos, xa morto e asado, probou a súa inocencia co seu canto. E foi por este galo de vento portugués, profeta do tempo, que as galiñas desplumadas enxergaran que houvera un pasado sen arames nen galos merdeiros. Un tempo sen ese fedor noxento desas aves que cantan só na primavera co seu pico afiado e as penas pardo-rosadas da cabeza. Ese tumor purulento de corral que nunca se molla como un pito, ese corpo aberto de espiritado que fala cunha voz enteiramente distinta da súa, en posesión diabólica castelá, que rende culto a latinorios e mantén o curral na máis absoluta catalepsia estigmatizando a toda galiña emplumada, a toda pita do monte. Xogando, desde há décadas, á pita cega connosco.

Mais "cantan os galos pro día" e aló num souto remoto/ um grilo bem afinado/trema un fadinho minhoto".

Ningún comentario:

Publicar un comentario