Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
sábado, 27 de maio de 2017
Premios para @s youtubeir@s
E si, este venres 26/05/17, entregáronse os premios youtubeir@s no Teatro Principal de Ourense. A categoría vídeo-facermos o premio foi para este vídeo, feito polas youtubeiras Corasón De Churrasco
Na categoría Vídeo-opinarmos o premio foi para Prohibido plantar patacas: a praga da couza guatemalteca, das xa populares youtubeiras de Teño unha Horta en San Sadurniño
Tamén houbo varias mencións especiais. A mención especial polo enxeño e creatividade foi para David Otero Fumega polo seu vídeo SmartFol G6! Unha review moi especial
O premio que destacou a eficiencia comunicativa foi asignado ao videotitorial Tortilla de Pascua, da youtubeira Isabel Villanueva, subido á canle O galego mola
A mención de honra á calidade técnica recibiuna Miguel Rodríguez pola súa vídeo-opinión 1000 rpm-A noite
Finalmente, o recoñecemento á calidade lingüística foi para o IES Urbano Lugrís de Malpica pola peza colectiva Seis pasos para falar malpicán, un traballo do que xa fixeramos mención por esta xanela dixital.
Parabéns a todos os premiados, agradecemento a todos os participantes que abriron un novo espazo de uso da lingua galega, e, como non!, un enorme recoñecemento aos promotores desta magnífica idea:oos servizos de normalización lingüística das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña e dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove
Etiquetas:
Normalización,
premio,
SNL,
Universidade,
vídeo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario