Recortes de sociolingüística
De seguido recollo algúns recortes de textos da publicación. O primeiro, sobre a causa da morte das linguas:
"as linguas non desaparecen por causas naturais, senón que, para sermos máis exactos, na realidade son substituídas, un feito típico dos procesos de primacía política e económica. O proceso de substitución dunha lingua por outra maior implica graves fisuras no que concirne á integración interxeracional e á cohesión social dunha comunidade. "Sobre o proceso de substitución lingüística (o subliñado é meu)
"As linguas desaparecen porque outras linguas ocupan o seu espazo como resultado de diversos procesos complexos de expansión cultural, política ou económica, que non están exentos de conflito. "Tamén se atende aos prexuízos:
" Debe traballarse para combater os prexuízos e as ideoloxías sobre as linguas minoritarias, de modo que a diversidade e o diferente se vexan de xeito positivo e as linguas se consideren bens prezados que se poden promover activamente. "O papel da escola na normalización:
"As escolas representan un papel crucial na promoción das linguas minoritarias, non só nos territorios onde se falan"
"A miúdo dáse o caso de que algunhas linguas internacionais coma o inglés ou o castelán se consideran máis importantes e útiles, mentres que ás linguas minoritarias habitualmente se lles dá un valor máis identitario ou emocional sen pensar na súa utilidade. O sistema educativo debe combater estes prexuízos e participar nun enfoque máis inclusivo con todas as linguas que destaque o seu valor e a súa riqueza"
Suíza, España e Polonia.
No documento trátase o cumprimento da CELRM por parte de Suíza, Polonia e España, o que permite introducirnos no coñecemento de diversas realidades.
Do caso que máis nos interesa, o español, destácanse os incumprimentos máis graves, que desafortunadamente son todos atribuíbles ao goberno galego. Hai unha especial referencia ao Decreto 79/2010, o de prohibición de uso do galego no ensino non universitario (o destacado volve a ser cousa miña):
"Os principais retos danse fundamentalmente no emprego das linguas minoritarias na área da xustiza (artigo 9) e na da Administración (artigo 10). Un problema habitual é a falta de persoal capaz de usar as linguas pertinentes nalgunhas áreas da Administración, así como nos servizos públicos, especialmente na Sanidade, o cal dificulta o emprego das linguas minoritarias nestes ámbitos.Tamén preocupa o aumento do uso do castelán nos sistemas educativos (artigo 8) nas rexións con linguas minoritarias e a expansión dos modelos educativos trilingües (castelán, inglés e unha lingua minoritaria) nalgunhas comunidades autónomas, o cal entorpece a aprendizaxe da lingua minoritaria. Por tanto, deberían analizarse detalladamente estes modelos educativos antes da súa posta en marcha co fin de asegurar un ensino e un estudo axeitados das tres linguas."Por se hai alguén con pouca memoria, recollo aquí un extracto do Comunicado da RAG en relación co informe do Consello de Europa sobre a CELRM
"Tras unha profunda análise da situación do galego en Galicia, o informe redactado polo Comité de Expertos faise eco da chamada de atención da RAG e subliña que o Decreto 79/2010 "ten un impacto moi negativo ao fixar un máximo do 50% do ensino en galego, co obxectivo final de reducilo a un terzo, mentres que ao mesmo tempo prohibe expresamente o ensino en galego de Matemáticas na Primaria e de Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química na Secundaria". "Con respecto ao ensino na etapa de Infantil, o galego só está presente en niveis do 6,57% en cidades de máis de 50.000 habitantes", engade."Finalmente non deia de ser paradóxico que sexa a Xunta quen participe na publicación deste documento.
A publicación
Velaquí a publicación completa
19_10_CELRM_Xunta by kiarqu2458 on Scribd
Ningún comentario:
Publicar un comentario