Xa noutra ocasión César Caramés denunciou irregularidades nos CELGA. Neste vídeo debulla as respostas do secretario xeral de política lingüística na comisión do Parlamento mostrando todas as mentiras que contou nesa comparecencia. Entre outra cousas denuncia que:
- Houbo a directriz de non ter en conta que non se saiba usar o sistema fonolóxico galego
- Houbo ameazas ao profesoreado avaliador CELGA
- Houbo un cambio do procedemento avaliador, establecendo a presenza de dous profesores cando ata o momento sempre houbera só un
- Houbo contratacións a dedo de persoal de secundaria e manipulouse o calendario para que non puidese acceder todo o persoal que quixera
- Establecéronse grupos ad hoc de alumnos, o que fai sospeitar que aqueles que se pretendía aprobar a toda costa acabaran sendo avaliados polo persoal contratado a dedo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario