A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou o xogo Pensatermos, a versión galega do catalán Pauralògic. Ademais da colaboración dos creadores do xogo (Jordi Palou, coa programación de Pere Orga para RodaMots), A Mesa contou coa base de datos da Academia Galega e do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo
O xogo ofrécenos 7 letras. O obxectivo consiste en formar o maior número de palabras usando esas lebras coa condición de usar obrigatoriamente a do centro. A palabra debe ter polo menos 3 letras.Parabéns á Mesa e aos colaboradores desta iniciativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario