Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta emerxencia lingüística. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta emerxencia lingüística. Amosar todas as publicacións

luns, 3 de marzo de 2025

Que diría Iribarne?


 por Daniel Chapela no Nós Diario:

Milleiros de sorrisos conectáronse este domingo durante varias horas na capital de Galicia. Ollares que reflectían esperanza, ganas de mudar as cousas. A necesidade de nos involucrar como sociedade nunha das tarefas colectivas máis relevantes para este século. Baixo a ollada atenta do apóstolo Santiago, o orgullo pola nosa lingua impregnou a praza do Obradoiro e todos os recunchos da zona vella baixo un mesmo lema: lingua vital xa!