Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 26 de xullo de 2017

Irse!

por María Canosa en La Voz de Galicia:

Cada vez que hai un cambio nas normas do galego, queixámonos. Non só iso, é que aproveitamos para dicir que nos tolean da cabeza e que así non hai quen fale galego. Ah! Xa non sabemos que dicir! Gracias/Grazas. Ala, torzo o bico e non o falo. Punto. Acabouse. Que tanta lea e tanto conto... Non falamos galego e punto. Desculpas. A min non me pareceu ben que a RAE aceptase muslamen, pechamen, culamen e canalillo por poñer por caso. E indigneime cando se aceptaron vulgarismos como murciégalo, vagamundo ou almóndiga. En lugar de educarnos, vulgarizámonos nós. Lembro así o que dicía o meu pai, que como docente, nas aulas vira moitas veces contaxiar a brutalidade, pero nunca a finura. Vén ser unha cousa así. Ou asín, como tamén acepta a Academia.Quédame que acepten as cocretas... e irse! Daquela, Lola Flores tería razón. Conste que imos polo camiño, pois acaban de aceptar iros como imperativo do verbo ir. Asín que... tempo ao tempo, que todo ha chegar.Mentres... por que non me falan un pouquiño de galego. Saben máis do que pensan. Digan: Ídevos! Non terían problema co termo. A que non dubidan? Ídevos. Punto. Ben sinxelo.Proben. Fáganme caso. Falen galego, e verán que non é tan complicado. Porque ademais, poden falalo con calquera tipo de dialectalismo, que está permitido. E, ademais, é fermoso ver a riqueza de variedades que ten a nosa lingua en función do lugar da fala. E aos vulgarismos que se volveron reais e académicos, saben que lles digo? «Si me queréis, irse!».

Ningún comentario:

Publicar un comentario