Vía @Rafiklalin |
Na primeira parte da súa alocución, Feijóo gabou a política alcumada "do plurilingüismo":
"O futuro pasa polo manexo das linguas, por iso levamos apostando por *unhos escolares galegos plurilingües. *Fai dez anos había en Galicia cero centros plurilingües, agora hai 385..."Se traducimos esa neolingua segundo os feitos reais, comprobaremos que plurilingüismo na escola significa redución e/ou exclusión do galego. Basta ler o texto do funesto decreto 79/2010 que o propio goberno de Feijóo bautizou como decreto de plurilingüismo para comprobarmos como, punto por punto, o que se fixo foi prohibir e minorar os usos da lingua galega en todas as etapas educativas non universitarias.
Unha segunda dirección do discurso presidencial aproveitou esa querencia modernista polo dixital:
"Este instituto de Soutomaior que xa ten as *pizarras [dixitais] e os ordenadores, *os instalará este mesmo mes, *se incorporará aos novos centros...."Finalmente adicou o terceiro eixo a apuntarse á moda das ciencias, indicando que "o futuro pasa polas ciencias, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas", reivindicando as axudas e potenciación do ensino STEM. Todo o mundo sabe que foron os gobernos de Feijóo os que prohibiron precisamente nas materias científias tanto a docencia como os materiais didácticos en galego. Velaquí o segundo ataque á nosa lingua nese mesmo discurso.
E a terceira negación? Basta escoitar ao presidente, e non só nesta intervención, para recoñecela: a colocación dos pronomes, o uso continuado de formas castelás no galego, o emprego á mantenta dunha lingua de baixa calidade. E todo isto cando fala en galego, pois non poucas veces renega completamente da lingua galega e, en actos públicos e ostentando o cargo de presidente da Xunta, ofrece o seus discursos, agora sí, nun correcto castelán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario