Fabiola García, a nova conselleira de Política Social, ocupaba desde hai 3 anos o cargo de primeira tenente de alcalde do concello de Ribeira. Si, Ribeira, ese lugar no que o grupo de goberno formado polo Partido Popular, coa participación da que acaban nomear conselleira, mantén un empecinamento reseso en deturpar a denominación do propio concello (*Riveira). Basta ver o portal oficial municipal para comprobar o radicalismo do consistorio. Este tipo de actitudes, que comparte Fabiola, leva como consecuencia o desprestixio social do galego, esa fala na que cada quen pode escribir como queira, esa fala para a que as regulamentación só operan para prohibila, esa fala á se se mantén nun estatus que non lle permita ser lingua.
|
Web de Carmen Pomar |
Carmen Pomar, a nova conselleira de educación, tivo a feliz idea de abrir un portal web persoal:
Carmen Pomar. Educando Fortalezas. Con subtítulo:
Educación, inteligencia, creatividad y emociones. Efectivamente, esta súa web, a imaxe que ela mesma proxecta ao mundo, é unha imaxe na que renega da lingua galega.
O mundo educativo está infectado polo funesto decreto 79/2010, mal chamado do plurilingüismo. Un decreto que reduce e prohibe o ensino en galego e que laminou por completo a normalización lingüística dentro da educación. Un perfil como o que se dá a coñecer na páxina persoal de Carmen Pomar apunta, xa sen disimulos, cara unha españolización wertiana.
Con estes vimbios enxérgase con claridade cal vai ser o cesto da política lingüística que se vai elaborar a partir de agora. Os indicios apuntan a unha maior radicalización, a posturas aínda de maior desprezo para o galego. Non hai nada malo que non admita peor, así que non tardaremos en sentir as consecuencias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario