Mariló Candedo, de Nova Escola Galega, achéganos desde Rede Galega de Vídeoblogues de Nós-TV sobre a preocupante escaseza de aulas en galego posta de manifesto polo Comité de Expertos do Consello de Europa no V Informe no que se determinou o incumprimento da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM).
Candeo destacou o informe do Instituto Galego de Estatística no que se indicaba que a cuarta parte dos cativos non saben falar en galego, o cal nos remite a unha falta de competencias na nosa lingua coa agravante de que as estratexias lexisladoras non conseguiron a súa finalidade. Tamén acusou ao decreto do plurilingüismo como punto fundamental para as restriccións para o galego.
O pasado mes Nova Escola Galega difundiu un boletín co título Igualdade, lingua e tempos escolares, no que profundiza sobre o actual estado do galego na escola.
Igualdade, lingua e tempos escolares by kiarqu2458 on Scribd
Ningún comentario:
Publicar un comentario