Hai un coche da policía municipal da Estrada que me chegou do catro ao cinco. Anda estes días coa megafonía ás costas insistindo en que non debemos saír das casas. Se a mensaxe, por repetida, xa sobre, o peor do caso é que teñen que traducila, e emitila, en castelán. Se un se pregunta a razón non pode facer outra cousa que concluír que só pode haber unha, a de facer ver que o galego é unha lingua inútil, relegada a celebracións e folclores, a usos secundarios. Pola contra para mensaxes importantes o galego non serve, e aínda menos mal que temos o castelán, senón, pobriños de nós!
A Estrada, cando pasa a megafonía da policía municipal |
A seguinte, o 14/03/20 foi para informar sobre as medidas adoptadas no Centro de Coordinación Operativa creado para enfrontar a crise do COVID19, volveu a rechiar co mesmo son. Cando ao día seguinte comenzou a terceira, xa deberon chegar ao seu ouvido as queixas dos que estamos fartos desa música áspera, a do menosprezo á nosa lingua. Así, esta comparecencia comenzou coa seguinte mensaxe:
"Vou intervir en castelán porque non me dirixo só aos galegos e ás galegas senón aos cidadáns doutros lugares que agora están en Galicia"Velaquí a mensaxe do auto-odio. Cando escoitamos estas palabras, estamos recibindo o seguinte aviso: "Vou intervir en castelán porque primeiro están os madrileños que viñeron irresponsablemente a Sanxenxo e eles son os que me interesan como presidente da Xunta. Los gallegos ya tal"
Ningún comentario:
Publicar un comentario