Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 4 de outubro de 2020

Mira quen fala galego

 

Mira quen fala galego e unha nova canle de You Tube na que este mestre do estado de Nova York, nos Estados Unidos, explica as razóns polas que se interesou pola nosa lingua e se botou a falala. 

Comenta que lle dá moita mágoa ver a falta de aprecio polo galego dalgúns cidadáns. Conta o  caso dun veciño da Coruña que se puxo en contacto con el para ter un compañeiro de conversa. El escribiulle en galego, e o coruñés reprochoullo. "Sentinme moi insultado", comenta o mestre.

2 comentarios:

  1. Moitas grazas por compartir, compañeiro! Veume coma sol de raxeira para unha aula...

    ResponderEliminar
  2. Éncheme de alegría saber que alguén lle tira algo de utilidade a este blogue

    ResponderEliminar