Mira quen fala galego e unha nova canle de You Tube na que este mestre do estado de Nova York, nos Estados Unidos, explica as razóns polas que se interesou pola nosa lingua e se botou a falala.
Comenta que lle dá moita mágoa ver a falta de aprecio polo galego dalgúns cidadáns. Conta o caso dun veciño da Coruña que se puxo en contacto con el para ter un compañeiro de conversa. El escribiulle en galego, e o coruñés reprochoullo. "Sentinme moi insultado", comenta o mestre.
Moitas grazas por compartir, compañeiro! Veume coma sol de raxeira para unha aula...
ResponderEliminarÉncheme de alegría saber que alguén lle tira algo de utilidade a este blogue
ResponderEliminar