Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 21 de novembro de 2020

A imposición do galego

 Alfonso Eiré, en El Correo Gallego:

OS principais medios de comunicación dos EE. UU. dixéronllo en directo a todo un presidente: “Non é certo, vostede minte”.

 

Coa mesma contundencia quero dicirllo eu ao presidente galego, Núñez Feixóo e ao seu voceiro Miguel Tellado: “Non é certo, vostedes faltan a verdade, manipulan e sementan o odio contra o galego”.

 

Se antes da Lei Wert, aprobada na época de Mariano Raxoi como presidente, non se eliminaba ao español como lingua vehicular no ensino porque o vai eliminar a nova lei? Defendía Aznar a “imposición do galego?”.

 

É a Lonce, aprobada en solita- rio polo PP, a que establece literalmente que “el castellano debe ser la lengua vehicular de TODA la enseñanza”, discriminando as linguas cooficiais.

 

A emenda aprobada agora no Congreso sostén: “Las administraciones educativas garantizarán el derecho de los alumnos y las alumnas a recibir enseñanzas en castellano y en las demás lenguas cooficiales en sus respectivos territorios, con conformidad con la Constitución española, los Estatutos de Autonomía y la normativa aplicable”.

 

Onde está a “eliminación do español?”. Pero, como o señor Tellado non pode desmentir a literalidade do texto, afirma que “o que queda claro son os intereses reais” e ten a santa desvergoña (como pedía o Santo Escrivá) de acusar aos demais de usar a “lingua como elemento de conflito”.

 

O uso do galego como bandeira opositora do PP foi aprobada non seu día por escaso marxe de votos pola Executiva. Inventáronse así o da “imposición lingüística” para logo derrogar o decreto do ensino do ano 2007. Un decreto que transcribía, literalmente, as directrices incluídas no Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobadas por unanimidade tres anos antes, baixo a presidencia de Fraga Iribarne. Impoñía Fraga e aquel PP “o idioma galego”, como din agora Feixóo e Tellado?

 

Podería lembrarlles as indicacións do Consello de Europa da necesidade de garantir o galego “como lingua vehicular do ensino”, tamén tentan impor o noso idioma desde a UE?..., pero mellor e botar man de Manuel María: “Son un bilingüista/moi apaixoado/un colonialista/ben colonizado...”.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario