Este ano todo está tocado pola COVID-19. Isto fixo que as XXIX Xornadas de Lingua e Literatura fosen, por primeira vez, virtuais. Como toda cruz ten a súa cara, iso permítenos agora poder repasar as intervencións destas xornadas.
Neste vídeo Xosé Ramón Feixeiro Mato imparte unha conferencia sobre "O aspecto lingüístico na obra de Carvalho Calero". Seguindo a lista de reprodución, achamos a Laura Tato con "A poesía e o teatro na obra de Carvalho Calero" , a Pilar García Negro con "Carvalho Calero narrador", a Manuel Castelao Mexuto con "O meu Carvalho", a Héctor Cajaraville traéndonos un "Abano de propostas didácticas arredor de Carvalho Calero" e finalmente a intervención da cantante Ugía Pedreira
Ningún comentario:
Publicar un comentario