Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 18 de xuño de 2021

Xelminovas

Quen siga algo este blogue terá visto algunha vez o telexornal do CPI Os Dices (Rois) que desde hai uns anos lle adican ás letras galegas. Aquí achegamos unha revisión desta idea feita polo alumnado de 1º da ESO do IES Xelmírez I (Santiago), pero chéganos multiplicada por tres. 

Quen está detrás deste enorme proxecto é Alexandra Fisteus. Cando foi compañeira miña no IES Antón Losada (A Estrada), xa osmaba que algunha vez había de soltar ao vento algunha perla coma esta. As súas motivacións son serias e tristes. Comparto parte das mesmas do seu perfil de facebook:

Dos 58 alumnos que tiven este curso en 1º, tan só dous ou tres falan galego fóra das miñas aulas. Así que reforzar a súa competencia oral era un reto e unha prioridade.

 Do primeiro vídeo (arriba) destacaría a conversa con Mercedes Queixas.

 Deste segundo vídeo recomendo especialmente a reportaxe da biblioteca do IES Xelmírez. Creo recordar que alí vin unha primeira edición dun libro de Leonhard Euler. 


Deste último non podedes perder a entrevista que lle fan a Marga do Val sobre Xela Arias.

2 comentarios:

  1. Que marabilla de traballo: que calidade e que enerxía.
    O teu tamén, Cibrán, na miña opinión de novata neste blog.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas polo comentario
      Se vas á canle de YouTube desta xente verás que estes non son os únicos vídeos deste estilo. Continuaron publicando o traballo doutros grupos.

      Eliminar