*Ría de Muros y Noya, *Puerto del Son, *Puebla del Caramiñal, *Villanueva de Arosa, *Isla de La Toja, *Bayona, *Rianjo...
Non é que a app Orcinus, financiada por Portos de Galicia (Consellaría do Mar), se nos presente só en castelán, é que ademais usa un mapa no que destroza a toponimia galega con exemplos como os relatados anteriormente.
A app foi concibida para o a xeolocalización de candorcas polos navíos que permita unha navegación máis segura. Non temos noticia da súa efectividade no medio mariño pero o que podemos certificar é que a Consellaría do Mar está manifestamente de costas á lingua galega. A mostra de falta de coidado e sensibilidade co galego é apabullante. Non só o galego está excluído da app, senón que o trato que se fai no mapa desta aplicación é un instulto á dignidade do pobo galego.
A xente que está ocupando as nosas institucións trátanos cun desprezo tal que por ningures veremos desculpas, a conselleira do mar non só non dará marcha atrás senón que reforzará aos resposables desta desfeita e o secretario xeral de política lingüística non só reincidirá en que a normalización non sexa cousa súa, senón que confirmará outra vez pola vía dos feitos que o seu obxectivo é minar o estatus do galego sen que se note demasiado. Que pareza un accidente.