Films From Galicia (_)_BraisRomero from cleventy on Vimeo.
Por unha noticia publicada no dixital Praza Pública entérome de que Brais Romero gañou o Premio ao mellor Vídeo Ensaio Galego con esta peza que vemos aquí, "Films From Galicia (?)", no que denuncia que o 69% das producións son gravadas en castelán e só o 27% en galego. Isto, denuncia, sucede a pesar que de o fin declarado da AGADIC é "garantir o progremos da cultura galega, e nomeadamente a normalización e o mpulso do idioma galego". Móstrase, xa que logo, nesta peza audiovisual, a forma en que o goberno galego actúa para minar a lingua galega: publcítanse declaracións pomposas que se levan como escudo institucional mentres que na práctica real a política lingüística consiste en expulsar ao galego de todos os ámbitos da vida social.
Desenvolverse no mundo audiovisual non é fácil. Require coñecementos especializados e unha infraestrutura complexa. En Galicia carecemos dun soporte para o desenvolvemento audivisual propio. A AGADIC, no canto de desenvolvelo, tira os cartos en foguetes que esconden unha miseria moral noxenta. Lembremos que a primeira iniciativa da era Feijóo foi pechar o exitoso portal Flocos.tv para, despois de moitas críticas, acabar abrindo unha difunta canle.tv .
Brais Romero tamén foi accésit cun ensaio sobre "O galego no cinema galego", do que recollo algunha das súas conclusións:
o goberno galego, a través das súas políticas audiovisuais, está a levar a cabo un proceso de lavado do galego mediante un cambio na linguaxe das súas subvencións. A lingua galega, outrora requisito indispensable para acceder a estas axudas, agora é camuflada baixo o concepto “contido cultural galego”, ou variacións deste termo, conseguindo así que, os requisitos sexan máis flexible e permitan deixar de lado o idioma.Rematamos afirmando que existe un autoborrado da lingua, e, por tanto, da identidade, galega, no que participan todos as pezas do sistema cinematográfico galego. Galicia aparece como calquera outro punto do panorama cinematográfico mundial. Desposuído de lingua propia, o cinema galego é substuído por unha cadea industrial de producións no que o que se busca é o éxito financieiro, borrando, se é preciso, lingua e identidade para convertir o filme nun filme globalizado, é dicir, nunfilme branco, onde as posibilidades de identificar un filme como pertencente a unha filmografía nacional sexan as menos posibles.
Máis sobre os premios na Academia Galega do Audiovisual
Ningún comentario:
Publicar un comentario