O pasado mes decembro (2/12/16) Lídia Senra, deputada de AGE no parlamento europeo, xa fixera unha intervención no mesmo sentido denunciando o funesto decreto do plurilingüsmo. Xusto 6 meses depois (12/06/17) volve a realizar unha intervención no mesmo sentido. Mil veces se ten dito que se está a conculcar a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM), mesmo a Real Academia Galega se pronunciou no seu día sobre o IV informe do Consello de Europa no que se manifestaba "a súa preocupación polo efecto negativo da "redución gradual" do galego no ensino en Galicia, unha advertencia que concorda coa posición da Real Academia Galega fronte ao Decreto 79/2010 da Xunta de Galicia". A RAG emitira este pronunciamento despois de que a Xunta fixera unha retorcida valoración do IV informe.
Xunto a Lídia Senra, outros eurodeputados denunciaron o incumprimento da CELRM, foi o caso de Marina Albiol, de Izquierda Unida e Josep M. Terricabras, de ERC, Ramon Tremosa, de CDC ou Liad Ní Riada, do Sinn Fein.

Vía Praza Pública
Ningún comentario:
Publicar un comentario