Quixera compartir con todos vós un par de revistas dos Equipos de Normalización, un par de exemplos, un par de escolmas ou resumes do traballo feito nestes centros durante todo o ano. Un labor inmenso, pouco recoñecido, incluso desprezado. Efectivamente, desprezado pola Adminstración, que mantén ano tras ano unha convocatoria de axudas aos ENDL, cutre no aspecto económico e insultante no aspecto loxístico pois se por unha banda a cantidade asignada mantense no máis duro dos recortes de hai 6 anos, por outra a convocatoria é tan tardía que non se resolve ata o mes de xuño, cando xa non é posible realizar actividade ningunha. Grazas outra vez á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A primira das revistas é a do
ENDL do IES Antón Losada (A Estrada):
A segunda é a do
ENDL do IES Aquis Celenis (Caldas de Reis). Botádelle un ollo, pódense ideas e sacar aspectos moi positivos das dúas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario