Neste vídeo do alumnado do IES Pontepedirña (Santiago) baixo o paraugas da feliz proposta de 21 días co galego e máis defende con bos argumentos un dominio.gal que está moi próximo aos 5000 rexistros.
Claro que un, como profesor, intenta descubrirlle ao alumnado e a quen lle toque, un dos maiores males do ensino, e da sociedade en xeral: a hipocrisía. Quen fixo divulgación deste audiovisual foi a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), e fixo ben. Tan ben que eu tamén o fixen, pero fíxeno preguntándome como é posible que unha institución que forma parte do goberno da Xunta, como é a SXPL, ten o santo morro de estar por unha banda gabando o dominio.gal mentres que pola outra xustifica o inxustificable, que 4 anos e medio despois da posta en marcha do dominio, aínda haxa unha chea de organismos oficiais que circulan por outros camiños.
- SERGAS (https://www.sergas.es/)
- Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es/)
- IGAPE (http://www.igape.es/gl/=)
- Espazo Abalar (https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/)
- FP (http://www.edu.xunta.es/fp/)
- Navega con rumbo (http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/)
- Correo Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (https://www.edu.xunta.es/webmail/login.php)
- A Galiña Azul (http://www.escolasinfantisdegalicia.es/)
- Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (http://www.igualdadebenestar.org/)
- Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es/sicon/inicio)
- CETMAR (http://www.cetmar.org/)
Co engadido de que neste último portal o galego está desaparecido.
No portal da nosa ben amada consellería, en xeral, os sitios que colgan non admiten o.gal. Por exemplo, o xade, nerta, cxt, cadp, buscacentros, listas de substitutos,... vaia, TODO. O que vén amosar que o portal é .es e o único que fixeron foi redirixir cando tecleamos .gal. Unha trapallada máis.
ResponderEliminarEn Euskadi tardaron 6 meses en cambiar TODO na administración
EliminarSI, UNHA TRAPALLADA MÁIS, TRAPOS DE FUME QUE DE TAN ESGAZADOS XA NIN REMENDAN!!!
ResponderEliminarEfectivamente, unha trapallada, esa é a palabra
Eliminar