De axendas, que eu saiba, pouco hai onde escoller. Só temos a editada por Bahía, Xa puiden comprobar en anos anteriores que falta en moitas librerías polo que, de non ser por unha conciencia militante, obríganche a coller unha en español (a famosa imposición)
Co cese de actividades da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización dexamos de ter á nosa disposición os calendarios que elaboraban ao comenzo de cada curso. Por fortuna Nova Escola Galega responsabilizouse este ano desa tarefa,ofrecéndonos o seguinte material:
- CALENDARIO ESCOLAR 2019-20 (en PDF)
- TEMPORIZACIÓN 2019-20 (PRIMARIA - PDF)
- TEMPORIZACIÓN 2019-20 (SECUNDARIA - PDF)
No lado escuro volvemos a comprobar que á Consellería de Educación, con todo o seu presuposto e toda a súa capacidade, non foi quen de fornecer ao mundo educativo dunha versión propia destes materiais. Este desleixo únicamente beneficia a que o oco se ocupe con materiais en español. Volve a quedar claro que o anunciado Plan de dinamización da lingua galega na mocidade quedou nun foguete mollado. A política lingüística que pon en funcionamento a Xunta, na súa compoñente mediática difúndese como promotora do galego, mais na práctica vemos que pola súa constante inacción só beneficia a imposición do castelán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario