Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 13 de xuño de 2020

Memorias dun adolescente



O autor deste rap é Xosé Maseda Calvo, o alumno co mellor expediente en 2º de bacharelato do  IES Vilar Ponte (Viveiro)
onde o alumno explica o poder normalizador da música:" sendo pequeno unha vez puxeron unha canción de Dios ke te crew, un grupo galego. Flipei! "

4 comentarios:

  1. Chamáronme a atención dúas cousas do caso. Unha, a que xa comentei, do poder normalizador da música. Outra, que o rapaz, despois de facer un bacharelato científico, pense en facer filoloxía. Nun principio isto pode traerlle problemas. Penso en que non cursou materias como latín.

    ResponderEliminar
  2. Despois mirei vídeos de rap Viveiro onde sai Maseda que non canta en galego ( hai un ano polo menos disto ). Resultoume curiosa esta batalla de rap entre dúas parellas que teñen toques de humor, de vacile e que falan de fútbol, mozas e mesmo da lingua galega. As hormonas están a flor de pel e a luita é tensa.
    Gustoume.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar