Este é o primeiro víde dun total de dez do programa “Brincadeiras da lingua” que tencomo obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados infantís que existen na lingua galega e que acompañan dende hai séculos as brincadeiras da cativada e dos membros maiores da familia cos máis pequenos e pequenas.
Cada capítulo está dedicado a un tipo de ditos consonte a súa función: caricias no colo; para xogar coas mans; para abanear e cabalgar; para durmir e espertar; recitados dialogados; para acompañar xogos; para facer bromas; oracións de risas; disparates e trabalinguas.
Parabéns pola iniciativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario