Cuarta entrega da serie do Consello da Cultura Galega Aquí medra a lingua.
Nesta ocasión visitamos o CEIP Barouta de Ames foi un dos centros que participou do Mapa sociolingüístico escolar de Ames, unha investigación da Real Academia da Galega que encendeu todas as alarmas sobre o uso do galego entre a infancia e a xuventude. No caso de Barouta, aínda que o galego segue a ser a lingua materna de parte do alumnado, a desgaleguización é tamén unha realidade e por isos eguen colaborando coa RAG para redeseñar o seu Plan de Dinamización Lingüística e atender aos desafíos que establecen os novos datos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario