Quinta entrega da serie do Consello da Cultura Galega Aquí medra a lingua.
O Centro Rural Agrupado Nosa Señora do Faro inclúe oito escolas nos Concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Malpica. Son entornos maioritariamente galego falantes pero a súa infancia non é allea á presencia maioritaria do castelán no seu lecer. Por iso apostan por integrar moito o entorno no día a día da escola, tecer colaboracións con colectivos e empresas locais, e participar na vida cultural dos municipios. Militar na contorna para fornecer a raíz e a autoestima.
Ningún comentario:
Publicar un comentario