Onte, que o profesor Xosé-Henrique Costas publicaba este artigo sobre as estratexias de exterminio do galego en Asturias, a asociación Axuntar esteaba espazo web. Nela destacamos varios apartados.
Como é habitual neste tipo de xanelas ao público, explícase que é Axuntar;
asociación prá normalización del galego de Asturias, é úa iniciativa que ten como obxectivo a conservación e promoción del uso da lingua propia da comarca asturiana del Eo-Navia que, dende ámbitos filolóxicos, responde al xeotipo galego e forma parte claramente del bloque oriental del antedito idioma, diferenciando que úa cousa é a lingua e otra a política e a frontera administrativa.
Tamén teñen un apartado sobre as actividades que desenvolven, un novo formato para a bitácora que viñan mantendo ata o momento, así como un espazo para os socios, outro de contacto e un último de afiliación.
Ademais deste portal manteñen un perfil activo en varias redes sociais que se poden ligar desde o mesmo portal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario