O ciclo Galicia importa, promovido pola Consellería de Cultura, está sendo promocionado desde un web exclusivamente en castelán. Así podemos ler:
El Ciclo Galicia Importa tiene como objetivo acercar al público gallego artistas internacionales de referencia en direntes estilos.
A Consellería de Cultura impulsa este ciclo dentro do proxecto "2011. Ano da música de Galicia", no que se declara que é unha homenaxe á músca galega e á súa industria co "obxectivo último de poñer en valor a música de Galicia, e plasmar a importancia que ten para o desenvolvemento da cultura propia e o pulo que supón para as nosas industrias culturais".
Os outros eventos enmarcados dentro do "Ano da Música" son os ciclos "Galicia Classics", e "Sónar Galicia" onde para buscar a presenza galega hai que ser máis que xenerosos.
Outra vez teremos que oir e ver reproducido acríticamente en mil medios unha mentira inoculada desde a Xunta de Galicia. Coa desculpa da convocatoria da contratación de catro grupos galegos (son catro exactamente, non é un recurso metafórico) e da convocatoria dos Premios da Música de Galicia veremos como desde as institucións galegas se volve a facer o contrario do que declaran: minusvalorar a produción musical galega, contribuir ao afogamento da cultura propia co que iso supón para a nosa industria cultural, e facer pasar como homenaxe do propio xusto o que é valoración, o gasto e a subvención do foráneo. Con exemplos como estes conviría que o gabinete que dirixe Roberto Varela deixara de facer referencia á palabra cultura e pasar a chamarse, simplemente, Consellería de Importación.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
luns, 23 de maio de 2011
A fala somos Nós
por Xoán Vázquez Sanlés, en Galicia Conficencial:
Non hai dúbida que é en memoria deles polo que nos erguemos en celebración. Este ano festexamos o legado dun dos artesáns da nosa lingua, o ano que vén ha ser outro, ou outra, como outros foron nos pretéritos aínda ben presentes. Celebramos o seu traballo, a súa entrega, a súa xenerosidade. Pero hai máis, pois pouco teriamos que celebrar se só celebraramos o labor duns poucos. Por fortuna para nós todos ese non é o caso, e, si, temos moito que celebrar.
Celebramos a aqueles que da maneira máis natural e espontánea nunca da fala se afastaron; ou sexa, ao pobo galego, sobre todo ao noso sufrido rural, intemporal e impertérrito, adega e reserva espiritual deste noso país. No persoal, celebro a meus pais, aos meus tíos -que xa non están-, e aos meus veciños –que xa non son-, dos que non lembro nin unha instancia na que a min se dirixiran nunha fala que non for a fala herdada. Certo, non tiñan moitas máis alternativas. Se cadra por iso aínda os lembro con máis agarimo e aínda llelo agradezo máis. E os galegos que non tiveron a fortuna de nacer e medrar mergullados na fala de Galicia, de camiñar polas súas hortas e corredoiras, de enterra as súas tenras mans da infancia nas leiras de patacas, ou de cunha simple ollada saber cal das espigas do millo verde estaba no seu punto exacto para deitar nas ascuas, tamén teñen moito que celebrar. Poden celebrar as oportunidades que agora temos de podernos reencontrar coa fala, como xente libre, en democracia, e sen renunciar a nada. Velaí o milagre das falas: as que a nós veñen polos múltiples vieiros da vida non precisan nin ansían de borra as que xa están apousadas nas entrañas mesmas da nosa conciencia. Seino, certo. Vivino, e vivo: aí segue o galego, primeira das miñas falas, base e sustento da miña identidade, máis louzán ca nunca. E celébroo tódolos días sen máis interrupcións cas necesarias.
Para min, o día das Letras é unha alusión acertada para dicir lingua viva, para dicir lingua Nós. E a lingua viva somos todos. E como a lingua somos todos, a lingua é sinónimo da nosas soberanía (enténdase, o da soberanía, non seu contexto máis humano, ou sexa, afastado dos vertedoiros da política). E como a lingua é sinónimo de soberanía, todos estamos chamados a coidala, cadaquén na medida das súas posibilidades. Todos podemos darlle os coidados de usala cada día. E como a lingua somos Nós e a lingua somos todos, recoñecer o labor de individuos, grupos e organizacións que velan pola lingua, si; valorar a súa constante vixía, tamén; subscribir a súa presenza naqueles lugares onde a lingua for discriminada, pois claro. Ningunha desas accións é insidiosa ou invasora, ningunha suplantan ás organizacións representativas do colectivo social. E ningunha delas arrastra a entrega da soberanía dun pobo sobre o seu patrimonio máis prezado. Logo, nestas datas tamén a todos eles saudamos e celebramos.

Mais nunca, endexamais, lle recoñeceremos, a ninguén, a mínima presenza nas colleitas do léxico nin nas valoracións morfolóxicas da nosa fala. Eses eidos da lingua perténcenlle exclusivamente ao pobo falante. Nós. As colleitas do léxico adquiren a súa lexitimidade nas nosas gorxas, e todo o demais é simple ruído, distraccións ególatras disfrazadas de estudos científicos sen nada que contribuír a normalidade da fala viva. Sendo a fala un fenómeno social eminentemente íntimo e persoal, nos seus eidos todo o alleo sobra e todo o imposto é alleo. A fala somos Nós.
Aí reservámonos o dereito a filtrar e peneirar tódolos ruídos para quedarnos coas voces herdadas, xa plenamente normalizadas desde o fondo dos séculos, labradas nas eternidades da conciencia do de Nós. Engadirémoslle novas voces ás voces, e as voces sempre han ser unha na singular polifonía que é toda fala, e a lingua ha seguir e medrar nese reencontro con ele mesma na espontaneidade da fala viva. Logo, agradecer, recoñecer e celebrar, o traballo das xuntanzas e organizacións que velan pola fala, si. Entregarlle a soberanía sobre a fala, nunca. Porque a fala, en tódalas instancias, e en tódolos tempos, sempre somos e seremos Nós.
domingo, 22 de maio de 2011
Avaliación diagnóstica contra o Correlingua
Durante a primeira metade do mes de maio celebráronse os actos do Correlingua que mobilizaron a un total de 45.000 rapaces arredor do orgullo pola nosa lingua común, o orgullo polo galego. Para conseguilo moitas persoas tiveron que realizar un enorme traballo de organización, moitos profesores tiveron que buscar recursos onde non os había, con máis problemas que nunca pois ao ser esta unha iniciativa que tiña como obxectivo principal destacar a importancia da lingua como o mellor vehículo de expresión da nosa identidade, non era do gusto do clan de Anxo Lorenzo. Mais a organización do Correlingua volveu a ser outro éxito da normalización.
Pola contra a Consellería de Educación atacou no sentido contrario e quixo facer ver aos estudantes que o galego non é a lingua de referencia da Xunta ao presentarlle unha proba de matemáticas exclusivamente en castelán aos 45.000 rapaces que tiveron que realizar as actividades para a avaliación diagnóstica deste ano. Outra nova iniciativa do gabinete dirixido por Jesús Vázquez en contra da nosa lingua.
Alén disto, a CIG-Ensino vén de denunciar que a proba de competencia lingüística en castelán era dunha dificultade moito maior que a presentada en galego. Ente outras cousas, o sindicato explica como as cuestións que debían responder os escolares na proba en castelán, non son acaídas para seren resoltas por un alumnado de 12/13 anos, polo que cabe aventurar que, a priori, os resultados desta proba serán peores que os propostos para avaliación en galego. Disto dedúcese que non terá sentido realizar análises comparativas ente as competencias nestas dúas linguas. E un xa está ventando como este tipo de análises van ser unha nova arma de ataque contra o galego. Outra vez llo teremos que agradecer á Consellería de Educación que, como vemos, fai todo canto pode para reducir e desprestixiar o uso do galego en contra, non xa do espíritu co que están conformados os organismos democráticos cos que nos dotamos para gobernármonos, senón que non lle importa actuar incluso en contra da letra da lexislación vixente.

sábado, 21 de maio de 2011
O insoportable peso das mentiras da política lingüística
Vou demostrar que no referente á política lingüística a Xunta difunde o que queremos oir e, atentando sistemáticamente contra o galego, fai o contrario do que declara. Aínda que podía telo feito con outra calquera, collín unha das notas de prensa que emite case diariamente a SXPL e que neste caso trata sobre unha xornada organizada arredor do título "Lingua galega e internet".
Innovación tecnolóxica na educación.
Eu, como toda a sociedade galega, concordo coas palabras de Jesús Vázquez divulgadas polo gabinete de comunicación da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL): “a presenza do galego na rede é imprescindible para garantir que os galegos poidamos desenvolver nesta lingua os nosos actos cotiáns de vida e tamén para garantir o futuro do noso idioma e o noso futuro como falantes”. Unha vez asumida esta declaración, o propio mandatario da Consellería de Educación debería responder por que o seu departamento despreza o traballo realizado por un grupo de quince profesores que fixo a tradución ao galego de 60 unidades didácticas de matemáticas ata o punto de que a súa publicación na rede non tivo por parte do organismo autonómico outra achega que continuos atrancos, e así como Cataluña e o País Vasco subvencionarion o traballo realizado polos grupos de tradutores alí constituídos, en Galicia non só non se favoreceu a tradución nin se fixo achega ningunha aos autores do traballo, senón que a Consellería estaba en contra da súa publicación non fixo outra cousa que poñer problemas para que se publicara ata o punto de que se retrasou a súa difusión pública ata o mes de marzo, cando o traballo estaba completamente finalizado a principios de curso. No colmo da reviravolta, a Secretaria Xeral de Innovación Tecnolóxica afirma que "por primeira vez, este ano publicouse unha liña de axudas para subvencionar a creación de materiais educativos dixitais en galego" dentro da estratexia do Proxecto Abalar, un proxecto do que todos deberiamos saber que se s+está a usar como unha ferramenta perigosísima de redución do galego no ensino por xuntar precisamente a tecnoloxía ao uso abafante do castelán, pois se a finais do ano pasado a porcentaxe de unidades didácticas engadidas ao repositorio de recursos que estaban en galego só sumaba o 13% frente a un 70% en castelán, o devalo nestes últimos meses continuou na mesma liña.
Eu, como toda a sociedade galega, asumo a declaración de Jesús Vázquez cando di que “unir galego e tecnoloxía é favorecer o uso do idioma, o aumento do seu prestixio e mesmo a súa presenza e recoñecemento internacional”, polo tanto o conselleiro debería explicar por que promulgaron o funesto decreto de plurilingüismo que fai xustamente o contrario: desvincular o estudo da ciencia e a tecnoloxía do uso do galego.
Innovación tecnolóxica en galego.
Eu, como toda a sociedade galega, só entendo unha Xunta que faga unha política para "contribuir á difusión das novas ferramentas tecnolóxicas en galego" polo que non se entende o que realmente se adiquen a restrinxir e dificultar por todos os medios as poucas vías que hoxe en días se ofrencen para que ese obxectivo fructifique. A Xunta, no canto de apostar polos colectivos que levan anos traducindo software libre ao galego, dilapida os seus fondos pagándolle a Microsoft para que traduza parte do sistema operativo e ademais ofrécese como plataforma de propaganda para a multinacional cunha campaña na que Microsoft leva os nosos cartos e a SXPL lava a cara. Unha cara moi dura se temos en conta que, Mar Pereira asume como propios os éxitos do Proxecto Trasno, en contra das queixas manifestadas desde o propio Proxecto de que a Xunta no canto de apoiar a tradución de software libre, unha aposta que estabilizaría todo un sector económico dentro de Galicia, convértese na maior defensora da multinacional que máis se distingue pola súa oposición frontal ao software libre. E aínda máis...
Eu sei que a Xunta no ano 2007 difundira entre o funcionariado un tradutor automático, o Comprendium Translator Desktop, unha aplicación de boa calidade, moi rápida e útil, que permitía a tradución tanto de textos como de páxinas web, e que tiña como ventaxa engadida a de ser respectuoso co formato dos documentos orixinais. E se a sociedade galega estivera informada disto, decataríase de que unha SXPL cun mínimo de interese difusión de ferramentas normalizadoras, no canto de facer actos de presentación do Windows 7, estaría fornecéndos dunha versión do Comprendium compatible con este novo sistema operativo. Outra vez máis a Xunta divulga unha mentira que é repetida acríticamente polos medios e a realidade da indefensión do galego volve a ficar escondida.
Innovación tecnolóxica na sociedade.
Eu, como toda a sociedade galega, teño por certo que "a lingua galega e as novas tecnoloxías son un elemento transversal nos diferentes ámbitos da sociedade" e, en consecuencia tamén debería estar presente "nos obxectivos dos diferentes departamentos da Xunta de Galicia" polo que non son quen de comprender que a ferramenta básica de traballo nos xulgados, o programa informático Minerva NOX, non poida ser utilizada en galego. E xa pasou máis dun ano desde a súa implantación sen que ninguén movera un dedo para poñerlle remedio á completa exclusión do galego do mundo xudicial.
Na administración local o único que se fixo, alén das ameazas aos concellos para que exclúan das convocatorias a esixencia do coñecemento do galego, é o desenvolvmento da Rede de Dinamización, un proxecto sen presuposto e feito en contra dos traballadores que terían que levalo a cabo. No mundo do comercio liquídase toda referencia á promoción do uso do galego, e por primeira vez a Xunta renega do galego para realizar campañas en castelán,....
Agora eu, así como toda a sociedade galega, podemos comprender a razón de por que cando a SXPL organiza unha xornada sobre "As letras galegas e internet", como non ten ningún resultado real que ofrecer da súa política no mundo das novas tecnoloxías, ten que botar man dun programa no que a maioría dos relatores son cargos políticos. Efectivamente, os expertos en informática non tiñan nada novo que aportar porque todo era pura propaganda de difusión de falsidades.
A alternativa enxérgase con bastante claridade; ou ben seguimos soportando o cada vez maior peso da mentira sobre o que se monta a política lingüística co claro perigo de que se tronce a columna vertebral da sociedade galega, ou ben destapamos esa enorme pantalla de falsidades para facer visible como desde as consellerías rezuma tal cantidade desprezo polo galego que sería insorportable que manténdo un goberno sentado sobre tanto odio.

A memoria da lingua: a fala das persoas de idade
por Xosé Manuel Sánchez Rei, en Terra e Tempo:
Afirmarmos que as variedades lingüísticas de galego empregadas pola xente maior adoitan estar normalmente menos influenciadas polo español, cando menos no ámbito da sintaxe, da fonética ou da entoación, constitúe xa unha sentenza constatada como para insistirmos máis nela desde aquí. Os modos de falar das avoas e dos avós pertencen ao que lingüistas como Chambers & Trudgill, Hudson ou Wardhaugh enmarcan dentro da variábel "idade", un factor de variación aínda pouco estudado no caso do galego mais que pode proporcionar interesantes informacións e datos sobre ese tipo de falares e sobre a sorte de certas mudanzas en marcha na nosa lingua; pensemos, a modo de exemplo, en que grupos de populación se costuman detectar expresións como Vai no aseo, Vai no baño,Vai no escusado, Vai no retrete ou mesmo Vai no "tigre" e, embora aproximativamente, adxudicarémolas con facilidade a faixas etarias diferentes. Dentro, por tanto, dese tipo de variedades lingüísticas xeracionais, o estudo da lingua das persoas idosas da Galiza vira un tema moito interesante por varios motivos, aínda que aquí só imos deternos en dous: en primeiro lugar, na recuperación dos trazos lingüísticos adquiridos na infancia que parecen abrochar novamente na vellez; e, en segundo lugar, nas significacións que poden adquirir determinados elementos vocabulares, á marxe das que se consideran hoxe en día máis frecuentes.
Fica claro, pois, que as diversas xeracións de falantes posúen características que as distinguen con clareza doutros grupos de idade: a infancia, a adolescencia, a vida adulta, a vellez... Deste xeito, un dos tipos de variacionismo que se constata nas linguas é o que se basea na mudanza lingüística xeracional, isto é, aquel que ten en conta, poñamos por caso, as diferenzas dos falares da mocidade cos da xente idosa, da mocidade coa infancia ou mesmo a mudanza de idioma ao se confrontaren diversas capas etarias. Un estudo pioneiro foi o desenvolvido polo abade Jean Pierre Rousselot en finais do século XIX, quen reparou, na súa obra Les modifications phonétiques du langage étudiées dans le patois d'une famille de Cellefrouin (Charente) (1891) no feito de que as persoas maiores pronunciaban certas consoantes palatais de maneira distinta a como o facía a xente nova. Con todo, non sería até á década de 90 da pasada centuria que as diferenzas dos modos de falar da adolescencia, en confronto cos da xente adulta, foron considerados como paradigmas de variación lingüística. E tamén non sería até tempos recentes que todo ese conxunto de variedades perfiladas pola idade dos utentes sería percibido con certa seriedade pesquisadora, nomeadamente na análise do vocabulario.
Ao estudarmos o variacionismo xeracional, é obrigada a referencia ao concepto de "mudanza en tempo aparente", que, a pesar das dificultades que implica, serve para nos aproximarmos cunha relativa dose de veracidade de estadios da lingua de tempos pretéritos: os estudos das mudanzas lingüísticas en tempo aparente asentan na perspectivación sincrónica dos usos idiomáticos de grupos ou comunidades de falantes con idades diferentes, para, despois, chegaren a conclusións de índole diacrónica sobre a deriva histórica do idioma. Segundo as formulacións clásicas desta hipótese, unha persoa de x anos utiliza actualmente a lingua non como se usa a día de hoxe, mais conforme a aprendeu hai z anos. Así, de acordo con este punto de vista, nunha escolma de datos ou nunha gravación feita en 2011, a fala dun individuo de 70 anos representaría o estado da lingua non desa data, mais de varias décadas atrás; deste xeito, sería posíbel achegármonos ás características da fala da mocidade de hai algún tempo entrevistándomos falantes que na actualidade non se consideran adolescentes, o que, máis unha vez, abre interesantes camiños para seren percorridos en termos da evolución do idioma.
Dándomos por asentes os esquemas de diferenciación xeracional, conforme os recollen, por exemplo, Chambers & Trudgill, pondérase a realización de traballos para sabermos por que camiños vai a deriva da lingua desde varias hipóteses de achegamento. O feito de seren atestadas diferenzas notábeis conduciríanos sen grandes dificultades a falarmos de variedades demarcadas pola idade, de forma que se constatarían diversas variantes lingüísticas cunhas realizacións nin sempre coincidentes. Relativamente a estas cuestións, pode darse o caso de que as persoas idosas, á medida que avanzar o tempo, vaian utilizando trazos lingüísticos que elas mesmas, nas súas propias variedades idiolectais, non usaban até ese momento ou cando menos non eran tan doadamente atestábeis. Unha observación non exhaustiva que puidemos realizar a varias mulleres e homes octoxenarios nos últimos tempos permitiunos detectar como determinados trazos fonéticos, certas características morfolóxicas e varios usos lexicais voltaban a abrochar con relativa normalidade cando un tempo atrás o que se podía documentar neses individuos eran outras solucións, con frecuencia beliscadas polo español.
Deste xeito, onde antes ouviamos sempre *a nariz a unha 'moza' de 82 anos, agora ás veces rexorde nesa mesma persoa o narís (con seseo implosivo). Na mesma liña, unha muller que coñecemos dunha idade similar que xamais tivo o seseo explosivo no seu idiolecto decántase nestes tempos preferencialmente por os cansiños e as mansiñas, que eran as formas, segundo comenta ela propia, que usaban as súas bistías aló pola década de 40 do século XX no bairro coruñés do Peruleiro. Máis un exemplo, agora proveniente da sintaxe: se noutrora se podía atestar como única hipótese unha cláusula cal Vou ver o que pasa a un patrón duns 90 anos, temos presentemente como outra posibilidade Vou ver o que se pasa, estrutura que xa comentaba Emilio Álvarez Giménez en finais do século XIX no seu opúsculo Los defectos del lenguaje en Galicia y en la provincia de León a sinalar que era típica do galego e que penetraba no castelán falado da Galiza. Igualmente, a unha construción como Hai que saír apareceulle unha forte competidora na alternativa Cómpre saírmos no mesmo falante. E após o case unánime suceso das solucións bárbaras para a flexión de número das palabas acabadas en -l do tipo *animales, *cordeles e *mandiles, mesmo a se manteren nun mesmo informante, fan agora acto de ocasional presenza os resultados animás ou mantés, aínda que esa persoa poida continuar a usar maioritariamente flexións como *musicales, *papeles ou *infantiles.
Finalmente, o ámbito semántico-lexical pídenos tamén un pequeno comentario, pois cómpre ponderarmos, segundo a nosa experiencia, tres cuestións que merecen de seu unhas palabras: na liña do comentado máis arriba, o primeiro aspecto asenta nunha certa recuperación de léxico xenuíno, o segundo participa da significación que poden adquirir determinadas palabras e o terceiro sobrancea mesmo unha curiosa utilización de diversos elementos vocabulares, algúns deles sen estaren lematizados nos dicionarios modernos: deste xeito, temos ouvido a varias das persoas a que fixemos referencia formas comoartisteira/o ('aguda/o', 'intelixente'), axaneirarse ('excitarse', normalmente aplicado á sexualidade), bandurra/o ('candonga/o'), dar memorias a alguén ('dar lembranzas a alguén'), derrotar o río ou derrotar o pozo ('baleirar o río' ou 'baleirar o pozo'), despreocupar(co valor de 'incomodar'), desquerer ('deixar de querer' no aspecto afectivo), encontrarse ñápara/o ('encontrarse delicada/o de saúde'), esculifrarse ('arranxarse', 'asearse'), esguilar('escorrer'), espichar ('morrer'), espretuar ('asombrar', 'asustar', 'sorprender'), facer algo nun virapau ('facer algo rapidamente'), ficar ('falecer'), galdaripa/o ('lercha/o', 'persoa de pouca importancia', 'persoa que provoca o riso'), gañar medo ('ter medo', 'coller medo'),madrasta e padrasto (non hai moito tempo as únicas documentadas no mesmo individuo eran as formas madrastra e padrastro), mar cordo ('mar tranquilo'), nomear (antes sempre *nombrar nesa persoa), non ter somencias de alguén ('non saber nada de alguén'), novez('mocidade'), pórse malé ('pórse desasosegada/o'), rabuda/o ('maliciosa/o'), remocear('virar nova/o'), rezar ('ficar' no sentido locacional), roncha negra ('tixola'), rotar ('perder auga' un recipiente), ter foros ('ter soberba'), xente lixeira ('xente sen palabra') etc.
Obviamente, estes exemplos non poden nin queren ser exhaustivos, mais, cando menos, algúns deles favorecen a reflexión sobre esa presumíbel volta ao pasado lingüístico que se detecta con certa frecuencia na fala das persoas idosas. Así, por un lado, parece consistir nun regreso aos hábitos idiomáticos doutras épocas, ao tempo en que se interiorizou a lingua, ao contexto en que, cando menos aparentemente, as beliscadelas do español aínda non eran tan numerosas como o son na actualidade. E, por outro lado, estes procesos parecen insinuar a idea de que á medida en que o cérebro vai deteriorizándose devagariño, determinadas esferas neurolóxicas sofren o tal devalo de forma diferente, pois semellan activarse en certa maneira como compensación a esas zonas cerebrais que van murchando. Corrobórase algo similar coa memoria, pois constitúe un lugar común entre especialistas a afirmación de que a xente de idade, nesa espiral de constante decembrar das capacidades cognitivas, lembra con maior facilidade o que sucedeu hai anos, ao paso que, non raro, posúe xeralmente serios problemas para ser capaz de saber o que lle aconteceu hai uns días ou inclusive unhas horas.
En definitivo, as variedades lingüísticas que se rexistran entre a xente de idade viran interesantes e dignas de análise, e non só por nos presumibelmente transportaren a estadios lingüísticos doutras épocas, mais por se converteren en máis unha ferramenta tanto para nos aproximarmos da deriva da lingua canto para aprofundarmos nas capacidades expresivas do noso idioma. Repárese en que o futuro do galego perpasa loxicamente as novas xeracións, onde o seu emprego é actualmente máis deficitario, mais nótese tamén que unha necesaria calidade no uso do idioma ten de contar con todo ese potencial expresivo detectado nas faixas etarias máis altas.

venres, 20 de maio de 2011
xoves, 19 de maio de 2011
Lois Pereiro entrevistado por Gayoso
A TVG pode gabarse de ter un dos mellores portais web do mundo da televisión. Buscar novas, programas ou recursos é doado e hai unha gran cantidade de material que pode usarse como recurso educativo. Agora a CRTVG está a probar o que pode ser o seu novo escaparate na rede e todo indica que o van mellorar áinda máis. Como exemplo do que nos aporta a renovada face da radio e a televisión galegas, presento deixo por estes lugares o vídeo dunha entrevista que Xosé Ramón Gayoso lle fixo a Lois Pereiro para o programa "Corazonada" no ano 1989, extraído dunha longa escolma de programas sobre o poeta que se pode consultar aquí.
E moito máis:
"Conversa ultramarina", libro recomendado de Lois Pereiro
Homenaxe a Lois Pereiro, no programa Esto é noticia
Iniciativa para recuperar a figura do poeta Lois Pereiro, do programa Miraxes
Lois Pereiro entrevistado por Gayoso, no programa Corazonada (1989)
Lois Pereiro no programa Cousas da lingua
Entrevista a Marcos Calveiro, presentando "Lois Pereiro, náufrago do paraíso"
Recital a Lois Pereiro no día da poesía, no programa Zigzag
Semblanza de Lois Pereiro, no programa Eirado

Non omnis moriar: Lois Pereiro
por Plácido Lizancos Santos, recuperando a Castelao e dando conta do que foi e o que representa o rianxeiro quen, polo que se ve, está máis presente que nunca nestas datas das Letras Galegas, no Galicia Hoxe:Non morrerei de todo, conmemora toda Galicia a memoria dun mozo monfortino. Traemos na súa homenaxe un artigo de Castelao por desgraza de perenne actualidade: "Prohibistes o galego nas escolas para producir no espírito dos nosos rapaces un complexo de inferioridade..." (Sempre en Galiza).
Co gallo do Día das Letras Galegas traemos este anaco do libro Sempre en Galiza, coñecido pola Biblia do galeguismo, para traballarmos sobre el: "Facéndolles crer que falar galego era falar mal e falar castelán era falar ben. Expulsástelo galego das igrexas, facendo que os representantes de Cristo explicasen o Evanxeo no idioma oficial, que o pobo non falaba nin comprendía ben. Refugastes o galego ante os Tribunais de Xustiza e chegastes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas. E de que vos valeu? Porque despois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda a riqueza de astucias e violencias, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados. Algúns galegos de boa fe coidan que o cultivo do noso idioma é un impedimento de traballo na emigración. Mais eu quero invitalos a meditar: Pensades que a nosa Terra pode seguir sendo un criadeiro de carne humana, para enviar ás Américas en paquetes teutóns? Porque o noso deber está en asegurar o dereito ó traballo remunerado, para que ningún irmán noso emigre por necesidade. Pensades que os galegos poden seguir andando polo mundo a ofreceren indignamente a mercancía dos seus lombos e dos seus brazos? Porque o noso deber está en armar o pobo dunha instrución primaria, profesional e técnica que lle permita ser digno en todas partes, e en todas partes atopa as vantaxes que se lle ofrecen a un inglés, a un alemán... Ou é que na emigración resulta superior un castelán a un galego por falar unha lingua máis extensa? A superioridade non está no idioma que se fala; está no que se sabe, no que se di e no que se fai. Algúns homes -galegos tamén- andan a falar dun idioma universal, único para toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfección baixando pola escada zoolóxica, deica sentiren envexa das formigas e das abellas. Son os mesmos que perderon o desexo de chegaren a ser deuses, e renegan das inquedanzas que produce a sabedoría. Son os mesmos que consideran o mito da Torre de Babel como un castigo, e renegan da vida ascendente. Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores ós animais"..
Castelao e a thermomix
por Rafael Cuíña, quen introducindo un novo termo sociolingüístico, o do logaritmo neperiano, explica quen non foi e que non representa Castelao, no Xornal:
Se non escribise un artigo do tenor deste, non podería considerarme unha persoa coherente, nin ser eu mesmo. Desculpe o lector habitual desta columna se falo en primeira persoa para tentar facerlles chegar a opinión dun modesto/molesto militante dun partido que en ocasións saca os pés do testo para denunciar situacións traxicómicas producidas dende as salas de máquinas da súa organización.
Unha ofrenda floral na tumba de Castelao en Bonaval non pode ser un exercicio de cinismo partidista, mantendo unha calculada equidistancia entre o que un afirma e o que un fai. Sempre digo que sen dúbida o rianxeiro é un dos máis importantes símbolos de Galicia, pero está lonxe de representar, tristemente, moitos posuidores da veciñanza civil galega. Castelao non pode representar a un “logaritmo neperiano” político artificial, chamado “galeguismo cordial”. No Partido Popular militamos unha morea de militantes de sentimento galeguista, uns con base máis ideolóxica, outros con pouso máis populista. Militantes que veneran a figura de alguén fundamental para entender esta terra e aos que causa proídos a sistemática prostitución da súa figura por distintos persoeiros situados ideoloxicamente na beira contraria á que pretenden conquistar. Sería moi curiosa unha hipotética visita do Dalai Lama á tumba de Mao Tse Tung, a de Madoff á de Karl Marx, ou a mesma de Quevedo á de Góngora, para encomiar o contrario do que todos os días estou representando.
O pensamento político do rianxeiro é incompatible coa diglosia funcional escondida debaixo do “bilingüismo harmónico”, como o é con calquera medida que produza unha descompensación funcional entre un idioma que parte dunha posición de inferioridade e outro que se potencia, cando a súa superioridade cuantitativa tende a aumentar exponencialmente a costa do propio de Galicia. Mais se engadimos a concepción nacional de Galicia que tiña un e a relación rexión-Estado, que fomentan gran parte dos outros, atoparémonos nun galimatías existencial no que se o minuendo é Galicia e o sustraendo determinadas políticas con filia centralista, o resultado non pode ser outro que o cinismo calculado.
Pretender que Castelao sexa unha thermomix que valga para un roto e para un descosido é, cando menos, perigoso. Porque a calidade do produto pode parecer boa, máis o sabor pode ser en ocasións rexeitado por ser insoportablemente artificial… Ou non?
Carvalho Calero
por José Ramom Pichel Campos, no Galicia Hoxe:
A RAG tivo muita valentia em celebrar este ano o Dia das letras galegas ao poeta Lois Pereiro, por ser um poeta de muita alta qualidade e por punk. É sempre um bom começo apostar por pessoas alternativas, e até mesmo polas marginadas, esquecidas e até manipuladas. Ou seja, polas que estiveram em primeiro plano e quando mudaram a sua opinião passaram a um segundo plano, de foreground a background. E disso é que queria falar.
Nos sistemas operativos como Linux, existem processos em execução que nos possibilitam poder usar os computadores. Estes processos não são mais do que tarefas que tem de fazer o sistema operativo, para que funcionem por exemplo os monitores, as impressoras, os periféricos ou as aplicações que estamos a usar. Estas aplicações podem ser as precisas para utilizar Internet, correio eletrónico ou pacotes ofimáticos de uso diário.
Existem diferentes jeitos de saber, dependendo do sistema operativo, quais são os processos que nesse momento estão a executar-se no nosso computador. Um deles em Linux/Unix é uma instrução chamada "ps" que nos mostra todos os processos que se estão a executar, tanto os das aplicações que estamos a usar como aquelas que não. Esta é a diferença fundamental entre os processos, os que se vem que usamos e os que não vemos. Podemos fazer que um processo esteja em foreground e por tanto que esteja em primeiro plano e também podemos fazer que propositadamente a sua execução se torne invisível, os chamados processos em background. Para isso escrevemos o nome do projeto a executar com "" ao final (p.e.: firefox ).
Carvalho Calero foi um processo foreground da filologia e da cultura galega e propositadamente foi para um quarto plano, um processo background. A razão foi que compreendeu a Boole, o sistema binário e disse aquela frase: "O galego ou é galego-português ou é galego-castelhano", ou seja, o galego ou é uma língua internacional ou acaba sendo inevitavelmente uma mistura, um portunhol, apesar dos esforços da boa gente. Carvalho Calero foi o grande impulsor do reintegracionismo linguístico, o galego é a primeira forma legítima dentro dum sistema linguístico conhecido por português.
Se algum dia se decide conceder o próximo dia das letras galegas ao professor Carvalho, ao melhor os galegos entenderão que ele mesmo se concebia como parte de um processo, onde todos devíamos participar, para aproveitarmos dessa vantagem de falar a variante mais antiga da língua de duzentos milhões de pessoas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)