O ciclo Galicia importa, promovido pola Consellería de Cultura, está sendo promocionado desde un web exclusivamente en castelán. Así podemos ler:
El Ciclo Galicia Importa tiene como objetivo acercar al público gallego artistas internacionales de referencia en direntes estilos.
A Consellería de Cultura impulsa este ciclo dentro do proxecto "2011. Ano da música de Galicia", no que se declara que é unha homenaxe á músca galega e á súa industria co "obxectivo último de poñer en valor a música de Galicia, e plasmar a importancia que ten para o desenvolvemento da cultura propia e o pulo que supón para as nosas industrias culturais".
Os outros eventos enmarcados dentro do "Ano da Música" son os ciclos "Galicia Classics", e "Sónar Galicia" onde para buscar a presenza galega hai que ser máis que xenerosos.
Outra vez teremos que oir e ver reproducido acríticamente en mil medios unha mentira inoculada desde a Xunta de Galicia. Coa desculpa da convocatoria da contratación de catro grupos galegos (son catro exactamente, non é un recurso metafórico) e da convocatoria dos Premios da Música de Galicia veremos como desde as institucións galegas se volve a facer o contrario do que declaran: minusvalorar a produción musical galega, contribuir ao afogamento da cultura propia co que iso supón para a nosa industria cultural, e facer pasar como homenaxe do propio xusto o que é valoración, o gasto e a subvención do foráneo. Con exemplos como estes conviría que o gabinete que dirixe Roberto Varela deixara de facer referencia á palabra cultura e pasar a chamarse, simplemente, Consellería de Importación.
o millor é mandarlle o noso parecer no apartado de opinións, eu xa o fixen... tampouco estaría de máis enviarlle un mail de protesta a Consellería de Cultura. Ben sabemos o que van facer con el pero menos dá unha pedra.
ResponderEliminarSaúdos
Xa van polo menos dous mails de protesta. Menos dan dúas pedras.
ResponderEliminarGrazas pola aportación
http://culturaeturismo.xunta.es/contacto.php
E a pena é que agora non teñamos un Vieiros:
ResponderEliminarhttp://www.vieiros.com/nova/77281/a-xunta-presenta-un-portal-de-internet-unicamente-en-castelan