Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 18 de maio de 2011

17 de maio: acto de Queremos Galego na Estrada

17 de maio na Estrada. Arredor da convocatoria da plataforma local de Queremos Galego, e dirixidos polo escritor David Otero, desenvolveuse o acto de afirmación na defensa da nosa lingua. O momento que se ve na foto é o da lectura do manifesto. Despois viría a actuación de Manoele que nos deixou a todos engaiolados, e a intervención de moitos que durante case unha hora se achegaron para recitar un poema.
A pancarta estivo colgada durante un día na Praza da Farola, no centro da Estrada, mais pola chantaxe da zunia acabou sendo retirada. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario