Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 24 de maio de 2011

Letra en obras

Non é unha revista de crítica literaria, nin un guieiro de novidades, nin unha editorial ou unha tenda de libros. O portal letraenobras.com naceu da man de tres xornalistas do desaparecido Vieiros coa idea de abrir unha fiestra aos novos autores da literatura galega.
Presentouse o pasado 17 de Maio, e para termos unha mostra do que pretenden xa podemos descargar un arquivo en pdf ou epub con 17 relatos. Pero hai moito máis, e promete renovarse cada pouco.
Para botarlle un ollo, e non perdela de vista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario