Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 11 de maio de 2011

3500 sinaturas contra a "Lei de Convivencia"

Máis de 3500 sinaturas de profesores foron recollidas polo sindicato CIG-Ensino contra butizada como "Lei de Convivencia e Participación" que non é outra cousa que unha bomba na liña de flotación do uso do galego no ensino. A trampa está en que esta lei abre o camiño a realizar consultas sobre o uso das linguas no ensino, o que na práctica é unha arma de manipulación ideolóxica e de enfrentamento entre pais e profesores e que sumada ao nesfato "Decreto de Plurilingüismo" non nos levará a outro camiño que á sistematización da redución do uso do galego no ensino non universitario (no universitario xa está bastante reducido).
Nisto consiste o consenso de Jesús Vázquez Abad, exactamente o mesmo que o consenso de Anxo Lorenzo
Para profundizar na nova: "A trampa do PP", noticia de Galcia Hoxe, "CIG-Ensino entrega unha primeira quenda de máis de 3500 sinaturas recollidas entre o profesorado galego contra a Lei de Convivencia e Participación Educativa", da web de CIG-Ensino.

Ningún comentario:

Publicar un comentario