Onte botou a andar en Santiago o Correlingua 2011. Na capital xuntánronse uns 4000 rapaces e prevese que durante as dúas vindeiras semanas esta actividade chege a mobilizar 45.000 escolares de toda Galicia. Como é unha actividade na que se defende e celebra o orgullo polo uso da nosa lingua a Secretaría Xeral de Política Lingüística declinou calquera tipo de participación nesta edición. Claro, o departamento dirixido por Anxo Lorenzo está metido no proxecto de reducir o a presenza do galego en todos os ámbitos, especialmente no ensino, por iso xustifica que basta con programas como o Bocaberta co que, se un ten sorte, pode ser que vexa ou participe nunha actuación dirixida a nenos e que foi organizada pola SXPL e non pola Consellería de Cultura (que sería o natural) por ter a curiosa rareza de desenvolverse en galego.
A política lingüística da Xunta está clara: todo o que teña que ver co galego é cousa da SXPL, un departamento que sufreu unha redución do seu presuposto de case un 50% no último exercicio.Un 50% que se usa precisamente no contrario do que se espera dunha política lingüística desde Galicia. Explícome?
Ningún comentario:
Publicar un comentario