Se consegue a financiación suficiente, Joel Joan dirixirá a película Fénix 11-23, inspirada no caso real de Èric Bertrán, un mozo de 14 anos que no 2004 crea un web inspirándose no libro de Harry Potter e a Orde do Fénix e que utiliza para lle enviar á cadea de supermercados DIA unha petición para que etiquetaran os seus produtos en catalán. A conscuencia disto éntranlle na súa casa os garda civís dunha brigada anti-terrorista, requísanlle o computador, acúsano de actividades terroristas e ten que ir declarar á Audiencia Nacional quen reclamaba 8 anos de prisión. Finalmente o caso sería arquivado. Hoxe Èric preside unha entidade dependente de Convergència Democràtica de Catalunya, un dos dous partidos que conforman CiU.
O lingüista Noam Chomsky, ao coñecer o caso dos problemas do rapaz catalán por defender a súa fala afirmou que "o mundo tería que coñecer a historia de Èric". E para contribuir a que así sexa, deixo por aquí a primeira [1] parte do documental realizado por Xevi Mató no 2005 e a ligazón ás outras catro: [2], [3], [4] e [5]. Recoméndoo vivamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario