O meu fillo maior ten 9 anos. Este sábado pasado fun con el a unha hamburguesería. Estabamos agardando pola comida cando vin nunha mesa próxima un periódico. Como eu estaba atrapado entre a parede e un percheiro pedinlle ao rapaz que mo trouxera:
- Podes achegarme ese periódico?
El foi correndo. Pero cando estaba para mo entregar párase un intre fitando cara a portada do xornal le:
- El Correo Gallego.
Entón levanta a vista de vagar e botándome unha mirada de intelixencia e complicidade coméntame:
- .... e escríbeno en castelán. He, he, he.
Ningún comentario:
Publicar un comentario