Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
sábado, 2 de xuño de 2012
Fotografía da normalización na Estrada
Todo é empezar. O primeiro paso do Concello da Estrada foi a negación á petición de colaboración no Correlingua. Nun acto de cinismo uns poucos dias despois facía un acto para reivindicar as festas na nosa lingua: 1000 festas máis para a lingua galega (Segundo se di pola vila, serán pois 999). Despois disto o concello comenzou a pecharlle as portas á visibilidade do galego. Xa denunciamos aquí o caso dos carteis informativos: "Control de acceso por medio de huella digital". Agora anuncian un curso de fotografía dixital en castelán desde o web do propio concello. Algo incomprensible se temos en conta a tradición deste municipio no compromiso coa normalización, e aínda máis inexplicable cando polas rúas podemos ver ese mesmo cartel en galego. Será que non o puxeron os do concello. Ou será que a corporación que nos goberna non ten sensibilidade suficiente coa nosa lingua.
venres, 1 de xuño de 2012
De quen é a lingua galega?
por Manuel Rivas, en El País:
O galego non é patrimonio de ninguén. Esta é unha das frases estrela, das que alumea en neon, no discurso político dos que hoxe gobernan na maioría de institucións galegas.
Eu gusto tanto como o señor presidente desa declaración anarquista, non posesiva, verbo da lingua. No fondo, somos dous libertarios, o presidente e mais eu.
En galego.... un mar de razóns
No CPI Cernadas de Castro (Lousame), fixeron este vídeo no que se fai un relato visual dunha actividade de orgullo e potenciación do galego. Podemos ver unha exposición argallada arredor da temática do mar na que se dan, como eles din, un mar de razóns para facermos uso do galego: Porque nos diferencia do resto do mundo; porque quero ser como papi e mami; porque me peta, quero e podo; porque nos abre as portas do mundo; nada co galego no mar das palabras...ou a que máis me gustou: falar galego faime libre
Unha actividade ben pensada, moi ben realizada, cuns traballos moi vistosos, e finalmente moi ben divulgada mediante este vídeo que pode aproveitarse tanto para a programación de actividades dos ENDL como para o traballo e discusión das breves argumentacións expostas.
Vía Blog da Silva
Contra o gurgullo lingüístico
En contra da estúpida teoría da pax lingüística, a realidade demóstranos que neste momento histórico en materia de política lingüística estamos infestados do gurgullo lingüístico. Retíranse as axudas aos que defenden a lingua ([1] e [2]) e dánselle eses cartos á opaca e sospeitosa Fundación Camilo José Cela que celebra o Día das Letras Galegas cun comunicado en español. Fundación que se adicou a actividades como a edición dos libros do seu xerente, que como non chegaban a ser distribuídos, eran queimados no xardín. Tamén reciben euros destinados á promoción e defensa da lingua galega entidades tan recoñecidas no ámbito como a Diócese de Mondoñedo-Ferrol (premer para comprobar, como fixo Santo Tomás).
O gurgullo non para de roer. Así, para desenvolver o funesto decreto 79/2010 a Consellería de Educación envíalle aos pais de infantil unha enquisa para determinar a lingua que se empregará na aula nos tres cursos desta etapa. Eu preguntaríalle á Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), que apoia esta medida, a ventaxa desta metodoloxía no canto da promoción directa da lingua restrinxida e atacada tal e como figuraba no decreto anterior. Claro que se a SXPL tamén defende a queima de libros ([1] e [2]), xa vou sospeitando a resposta.
Para ir atacando o gurgullo, cómpre facerlle caso a iniciativas como esta da CGENDLque deixo aquí abaixo. Non será unha fumigación, con esta medida non acabaremos co gurgullo, pero é que temos que estar de parte da ecoloxía., e con algo de sorte, sendo insistentes, algún bicho ha de caer.
2012.05.31.Nota Informativa Enquisa Infantil
O gurgullo non para de roer. Así, para desenvolver o funesto decreto 79/2010 a Consellería de Educación envíalle aos pais de infantil unha enquisa para determinar a lingua que se empregará na aula nos tres cursos desta etapa. Eu preguntaríalle á Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), que apoia esta medida, a ventaxa desta metodoloxía no canto da promoción directa da lingua restrinxida e atacada tal e como figuraba no decreto anterior. Claro que se a SXPL tamén defende a queima de libros ([1] e [2]), xa vou sospeitando a resposta.
Para ir atacando o gurgullo, cómpre facerlle caso a iniciativas como esta da CGENDLque deixo aquí abaixo. Non será unha fumigación, con esta medida non acabaremos co gurgullo, pero é que temos que estar de parte da ecoloxía., e con algo de sorte, sendo insistentes, algún bicho ha de caer.
2012.05.31.Nota Informativa Enquisa Infantil
xoves, 31 de maio de 2012
Bilingüismo cordial (curtametraxe)
Un mozo cun currículum excelso acode a unha entrevista laboral para ocupar un importante cargo. Todo indica que o posto será para el, ata que abre a boca... e fala galego.
No seu día xa puxera por aquí o trailer
mércores, 30 de maio de 2012
“Fuerza Depor”
por Luis Couto, en Sermos Galiza:
Despois dunha tempada traballada pero resolta finalmente con brillantez, o Deportivo da Coruña acaba de confirmar a súa volta á primeira división. Aínda están recentes unhas celebracións nas que a galeguidade do Depor pasou case tan desapercibida coma se fose o Deportivo de Guadalajara.
Ramón Carballal Pernas
por Xosé González, en Galicia Confidencial:
Os plans de estudo das facultades de Dereito e das escolas de prácticas xurídicas non instrúen aos seus alumnos no coñecemento da nosa tradición xurídica. Tampouco os colexios e asociacións profesionais teñen posto moito empeño para cubrir estas lagoas informativas. Todo iso fai que moitas das figura egrexias do foro sexan descoñecidas polos profesionais do Dereito.. Tal é o caso de Ramón Carballal Pernas, maxistrado que fora da Audiencia Territorial da Coruña deica 1982, ano do seu pasamento.
Recompilación sobre puntoGAL
puntoGAL remite a súa candidatura co apoio de máis de 100 socios, 12.000 sinaturas e da AMTEGA, (29/05/2012) en PuntoGAL
Anuncian a presentación da candidatura ante ICANN para termos un dominio de Internet para a lingua e a cultura galegas, (30/05/2012) en Código Cero
Consenso e éxito en torno a lingua son posíbeis, (29/05/2012), en Galicia Confidencial
Desta vai: Galicia inicia a carreira polo .gal, (29/05/2012) en Praza Pública
'Puntcat', un exemplo de éxito, (29/05/2012) en Praza Pública,
Un dominio para que Galicia gañe prestixio en todo o mundo, (29/05/2012) en Praza Pública
PuntoGAL presenta o seu balance na Biblioteca da Galiza, (29/05/2009) en Sermos Galiza
Onte 264: puntoGAL (30/05/2012) no blogue Brétemas
P.S.:
"O puntogal vai existir e vai funcionar ben" (31/0/2012) en Praza Pública
Anuncian a presentación da candidatura ante ICANN para termos un dominio de Internet para a lingua e a cultura galegas, (30/05/2012) en Código Cero
Consenso e éxito en torno a lingua son posíbeis, (29/05/2012), en Galicia Confidencial
Desta vai: Galicia inicia a carreira polo .gal, (29/05/2012) en Praza Pública
'Puntcat', un exemplo de éxito, (29/05/2012) en Praza Pública,
Un dominio para que Galicia gañe prestixio en todo o mundo, (29/05/2012) en Praza Pública
PuntoGAL presenta o seu balance na Biblioteca da Galiza, (29/05/2009) en Sermos Galiza
Onte 264: puntoGAL (30/05/2012) no blogue Brétemas
P.S.:
"O puntogal vai existir e vai funcionar ben" (31/0/2012) en Praza Pública
Neira Vilas transmitindo a lingua
Isto que se ve na foto foi o que fixo Neira Vilas o pasado mercores, na visita que fixo ao meu centro.El trouxo consigo a súa lingua, e co rotulador da palabra deixónola ben impresa.
Xosé Neira Vilas falounos da súa obra, e sobre todo das súas vivencias. Un apartado importante do seu relatorio adicouno ao uso e impotancia do galego. Díxonos cousas como a seguinte: "eu vivín 42 en América, escribín libros, artigos,... moitas cousas e sempre o fixen en galego"
Desafortunadamente a día de hoxe na propia Galicia, ninguén pode asegurar un uso normal do galego.
O escritor de Gres mostrouse decote orgulloso da nosa lingua: "temos lingua propia. Mirade vós, os norteamericanos, sendo tan importantes, non teñen unha lingua propia. Falan unha lingua traída doutro lugar, de Inglaterra"
En varias ocasións quixo destacar a importancia da nosa lingua tanto no contexto europeo como no internacional. "O galego é o idioma, fillo do latín, máis importante do mundo, xunto co castelán. Fálano millóns de persoas, En Mozambique, Angola, Portugal, Brasil...".
Neira Vilas había de facer moitas máis referencias a este último país: "no Brasil, que ten unha extensión que é 3 veces a de Europa falan galego"
Ou tamén, cando falando do seu best-seller 'Memorias dun neno labrego' lembrou a peza teatral que o ano pasado representou Cándido Pazó. "Cándido Pazó levou por todas partes unha obra de teatro sobre o meu libro, as 'Memorias das memorias dun neno labrego' e foi a Brasil. El intentou facer a obra en brasileiro e alí dixéronlle que non, que o fixera en galego. que se lle entendía perfectamente"
Neira Vilas tamén fixo mención a varios aspectos da súa vida persoal para destacar o valor do galego. "Eu escríbome con xente de Cuba, da Arxentina, de Bulgaria, mesmo do Xapón ou da China. Con todos o fago en galego. E despois hai algunha xentiña por aquí que non quer usalo e que di que lle é difícil [...]. Tamén manteño correspondencia con filólogos de Suecia, Noruega, de centroeuropa, interesados no galego. Se hai xente de tan lonxe que estuda o galego por algo será."
Contounos unha anécdota familiar. El emigrara de novo a Arxentina e naturalmente comenzou a manter correspondencia coa familia. Non tardou en deixarlle claro ao seu pai que quería que lle escribira en galego.
- Pero, se eu non sei escribir en galego -contestoulle o pai- teño moitas faltas.
- Tamén as tes en castelán -foi a resposta de Neira Vilas.
Encol disto, o escritor insistiu en que daquela por asistir a unha mala escola uns poucos meses xa se lles quedaba a idea de que a escritura tiñan que facela forzosamente en castelán. O castelán era a lingua do colexio e isto xenerou moitos prexuízos.
Comentou que 'Memorias dun neno labrego' xa foi traducida a 16 idiomas. Cando se poñían en contacto con el para tratar sobre as condicións da edición, Neira Vilas só lles pedía unha cousa, que incluíran un texto presentando a obra no que se indicara que foi escrita en galego, unha lingua do suroeste atlántico europeo. Xosé Neira Vilas mostrouse orgulloso de que grazas a isto, e á enorme divulgación das 'Memorias', a nosa lingua comenzou a ser coñecida nen moitos lugares do mundo.
Isto foi o que fixo Neira Vilas no meu centro, o que decote deberían facer as familias, as escolas, os medios e os nosos representantes políticos. Neira Vilas transmitiunos a súa lingua, e agora tamén é nosa.
Vía As Ferreiras
martes, 29 de maio de 2012
A Rede de Dinamización Lingüística deturpando a toponimia
No colmo do disparate, e con letra ben grande, aparece deturpado o topónimo do concello que anuncia a actividade. Non se trata dun erro, é a práctica habitual deste concello coruñés, que xa hai ben de tempo que incumpre a Lei de Normalización Lingüística, neste caso avalado pola mesmiña SXPL.
luns, 28 de maio de 2012
Proxecto Celso Emilio Ferreiro do CEP da Barqueira
A marea Celso Emilio non para. Velaí que chega unha onda máis, o Proxecto Celso Emilio Ferreiro, posto en marcha desde o CEIP da Barqueira (Cerdido). O alumnado do 3º ciclo inventou unha entrevista ao escritor de Celanova e elaboraron esta nova versión de Deitado frente ao mar.
Vía Xavedes!
domingo, 27 de maio de 2012
A fractura social xenerada pola lingua. O caso ucraíno.
Un feo espectáculo, cos deputados batendo uns noutros, produciuse no parlamento ucraíno o pasado xoves. O xérmolo deste suceso é a tramitación dun proxecto de lei que establecería a oficialidade do ruso en varias rexións de Ucrania. Os opositores, que iniciaron a pelexa parlamentar, acusan ao presidente Yanukovic de querer fracturar a sociedade ucraína. Argumentan que queren preservar a independencia cultural e política da Ucrania a respecto dos veciños rusos. Os deputados do partido opositor levaban unha bandeira na que se podía ler o lema "Destruir a lingua é destruir a patria"
Ao día seguinte producíase unha manifestación ás portas do parlamento contra a proposta presidencial de oficialización do ruso en Ucraína. O argumento dos manifestantes, segundo euronews, é que no caso de prosperar deixarase de considerar ao ucraíno como lingua útil, non terán que estudalo, non o precisarán en ningún momento e desaparecerá de todas as esferas.
A lingua ucraína estivo sometida ao ruso durante os dous últimos séculos, ata a independencia de Ucraína no 1991. Durante a era soviética os falantes de ucraíno diminuíron significativamente.
Segundo o censo do 2001 o 67,5% declarou que a súa lingua era o ucraíno frente a un 29,6% que o fixeron co ruso.
Podemos ver nestes mapas, tirados da wikipedia, que a poboación que usa o ucraíno é maioría no norte, leste e centro do país. O ruso é lingua marioritaria franxa surleste do país. O conflito está servido e de certo que non terá unha solución simple.Velaí un caso dunha nación de seu desde hai 20 anos, que parece que tomou medidas de dignificación da lingua propia neste tempo, pero que acubilla un enfrentamento moi enquistado e ao que aparentemente non se enxerga unha solución para o futuro.
Non podo deixar de pensar no caso galego. Aquí ensínasenos a desprezar a lingua propia, invítasenos de mil formas a abandonala, aprendemos social e insititucionalmente toda unha restra de prexuízos lingüísticos. O galego foi obxecto de continuadas persecucións e prohibicións durante o último século. Actualmente fica pechado por mil cancelas e obstáculos.Cómpre reverter a situación actual, de ataque e restricción sistemática o antes posible. E aínda así, aínda que de súpeto o ambiente se volvera favorable á normalización do galego, eu pregúntome: canto nos queda aínda por avanzar para chegar a unha situación comparable á de Ucraína?
sábado, 26 de maio de 2012
A pegada do concello da Estrada
Ata o momento ao concello da Estrada sucedíalle como a moitos outros en materia de uso do galego. Facíao de xeito natural. Foi así independentemente de quen ostentara a alcaldía, das distintas distribucións nas cadeiras municipais que se viñeron sucedendo elección tras elección. Pero agora a cousa parece que comenza a cambiar.
Hai algunhas semanas, na enrada de diversas dependencias municipais colocaron un artefacto para o control da entrada dos funcionarios. Foi pouco despois de que desde o mesmo concello se anunciara a retirada do apoio á organización do Correlingua. Non creo que sexa casual, mais ben poderíamos asegurar que a relación entre estes dous feitos é causal. Isto significa que dentro do goberno municipal tamén se instalou a zunia.
Hai algunhas semanas, na enrada de diversas dependencias municipais colocaron un artefacto para o control da entrada dos funcionarios. Foi pouco despois de que desde o mesmo concello se anunciara a retirada do apoio á organización do Correlingua. Non creo que sexa casual, mais ben poderíamos asegurar que a relación entre estes dous feitos é causal. Isto significa que dentro do goberno municipal tamén se instalou a zunia.
O músculo máis forte do corpo humano é a lingua
Unha bonita e orixinal declaración, por Francisco Castro, no Sermos Galiza:
Hai unhas semanas chegoume un curioso libro no que atopei ese dato, arrebatador, co que titulo este artigo. Que dos moitos músculos que hai no corpo humano, o máis forte é a lingua. O dato é sorprendente pois un tende a pensar nos bíceps, ou algo así, se pensamos no máis poderoso músculo da nosa anatomía. E se dicimos músculo pois iso, pensamos en chicha da dura, desa que medra a base de esforzo e traballo ximnástico ou mesmo anabolizantes, chegado o caso. Sen embargo é a lingua quen detenta o título máximo da afouteza corporal. A lingua, a saber, esa parte de nós coa que falamos, coa que saboreamos, coa que beixamos, coa que facemos bulra, coa que amamos, coa que damos pracer... a lingua dura puntiaguda frecha estilete branda mol húmida seca longa curta penetrante tímida ou como sexa que sexa a lingual forma e uso...
xoves, 24 de maio de 2012
Rara
por Andrea Araújo Alonso, no Sermos Galiza:
Teño 15 anos e son RARA; esta característica non a levo comigo dende que nacín, apareceume alá polos 6 anos, precisamente cando comecei a falar en galego.
''Non hai razóns para que a gheada non se use na TVG''
entrevista a Xosé Luis Regueira, no Dioivo:
Xosé Luís Regueira ingresará oficialmente o próximo 2 de xuño na Real Academia Galega cun discurso titulado Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI. O filólogo e catedrático da Facultade de Filoloxía de Santiago, que entrará na Rúa Tabernas para ocupar a vacante de Olga Gallego, é un destacado investigador no ámbito dos estudos fonéticos, gramaticais e onomásticos da lingua galega. Autor de varias obras sobre lingüística galega e secretario do Instituto da Lingua Galega (ILG), Regueira foi responsable de Os sons da lingua e do Dicionario de pronuncia da lingua galega. Dioivo aproveita a ocasión para realizarlle unha ampla entrevista.
O seu discurso tratará sobre a oralidade do galego. Que conclusións poderemos achar nel?
Os discursos de ingreso son protocolarios, van ligados a un acto formal. Realmente non se pode condensar nel grandes conclusións, pero pódense aproveitar para dicir unha serie de cousas. Neste caso concreto, podemos atopar unha serie de reflexións que van dende a oralidade primaria até a oralidade dos medios como a radio ou a televisión. E por outra banda, están todas as novas vías de comunicación na rede.
O número π e o decreto de plurilingüismo
O número
Pouco lle faltou ao estado estadounidense de Indiana para ser mofa dos historiadores e matemáticos cando a finais do XIX estivo a punto de aprobar unha lei que determinaba que o número
Decrétase unha aberración estatística.
Indiana librouse. Pola contra Galicia pode ser posta en ridículo por incluir nas letras dun DOG unha aberración estatística. No funesto decreto 79/2010, o do plurilingüismo sentenciase un kafkiano procedemento de recollida de datos como a disculpa fundamental para cambiar o marco legal do uso das linguas no ensino non universitario. Trátase da polémica 'Consulta ás familias' realizada en xuño do 2009, que no seu día foi moi cuestionada polo seu alto custo, 296.000 €. Calquera que teña un mímimo de idea dos fundamentos da estatística sabe que unha mostra de gran tamaño non ten por que ofrecer mellores resultados que outras con menos elementos. O que sí é fundamental é a boa escolla da mostra. Isto asegúrase con técnicas de mostraxe científicas. O proceso seguido neste caso, e sentenciado polo decreto 79/2010, é un exemplo perfecto do que non se debe facer.Se realmeante se quixera saber cal era o estado de opinión sobre a linguas a empregar no ensino, bastaría con facer unha enquisa a unha mostra verdadeiramente representativa. Pola contra, Anxo Lorenzo quixo xogar a facer estatísticas e argallou unha monstruosidade científica. Vexamos.
A cuestión era obter información sobre as familias dos estudantes no ensino non universitario. Pouco hai que reflexionar sobre a poboación a estudar para concluir que é imposible unha recollida de datos con garantías. No canto de enviar un cuestionario a cada elemento da poboación, ou de escoller unha mostra representativa, tal e como se fai habitualmente nos estudos estatísticos:
1. Douselle aos alumnos (de entre 3 e 18 anos) o cuestionario o que imposibilitou de facto a verificación da chegada do cuestionario a quen realmente ía dirixido. A devolución do cuestionario cuberto pecou do mesmo defecto. Isto invalidaría os resultados en calquera consulta seria.
2. Ao haber pais con varios fillos, de certo que moitos deles cubriron varios cuestionarios, tantos como fillos tiñan. Isto invalidaría os resultados en calquera consulta seria.
3. Tampouco houbo control sobre o destinatario do cuestionario. Non se habilitou forma de detectar se quen cubría o cuestionario era o pai, a nai, un familiar, o propio alumno, ... ou calquera outro que tivera acceso ao mesmo. Isto invalidaría os resultados en calquera consulta seria.
4. O proceso de recollida de datos xenerou unha gran expectación social. Isto fixo que os grupos políticos e os medios de comunicación dirixiran as respostas. Isto invalidaría os resultados en calquera consulta seria.
5. Nos cuestionarios aparecían catro preguntas con resposta pechada, pero tamén había unha quinta na que se pedía: "Comentario ou suxestión que se queira facer". A resposta neste caso non é computable. A ninguén nun estudo serio cometería un erro como este. Isto constata a ignorancia dos creadores do cuestionario.
6. As preguntas deben ser redactadas de forma concreta e precisa. Porén no cuestionario fálase da preferencia da lingua para os libros de texto/ as probas orais e escritas, sen concretar en cales. Tamén se pregunta sobre se o pai gostaría de impartírense aulas en inglés, non se concreta de que materias, nin do peso sobre o total. Cal é a intención das preguntas? Que información obtemos dela? Só podemos extraer informacións xerais sobre a opinión dos pais, eventualmente sobre os seus prexuízos.
7. As preguntas deben ser redactadas de forma clara e inequívoca. Nunha das preguntas fálase de materias 'troncais' cando tal denominación non existe en toda a lexilación vixente e polo tanto é completamente descoñecida para os que deben contestar.
8. Ao ser un documento emitido pola Xunta, de vir redactado en galego, sería neutro, tal e como correspondería a un cuestionario destas características. O cuestionario está escrito todo el en galego e castelán ata extremos paroxísticos. Tendo en conta que o cuestionario trata precisamente do uso das linguas, e que o documento procede precisamente da Consellería de Educación, está mandándose a mensaxe de que a propia Consellería aposta por desprenderse da defensa do galego. Esta falta de coidado
invalidaría os resultados en calquera consulta seria.
En definitiva, estamos diante dun claro caso de escolla dunha mostra non representativa. Os resultados obtidos serán necesariamente nesgados, isto é, os datos non reflicten as verdadeiras características a estudar da poboación. Ademáis os factores para que isto sexa así son múltiples, o que nos dá idea de que o estudo non responde a motivos responsables de coñecemento social senón máis ben a unha estratexia propagandística.
Unha trapallada como a acometida co asunto da consulta pola Consellería de Educación debería ser motivo suficiente de dimisión para os seus responsables. Que ademais se faga desta aberración estatística o fundamento dun decreto legal, é razón para a vergoña de todo un pobo. E que agora se insista en reivindicar con orgullo este atentado contra os fundamentos da ciencia estatística (alén do desprezo pola lingua de noso), vén sendo algo así como anunciar en pleno século XXI que por fin se achou a cuadratura do círculo.
Etiquetas:
cousas,
decreto,
enquisas,
matemáticas
mércores, 23 de maio de 2012
Os Equipos de Normalización premian a Imaxin Software
A empresa Imaxín Software foi, nunha apretadísima votación, a gañadora do premio Leixaprén de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, un premio, que a partir deste ano pasou a ser organizado pola CGENDL, despois de que fose creado e mantido polos equipos de normalización da comarca de Muros, Noia, Barbanza e arredores.
A propia CGENDL explica polo miudo as características deste premio neste web.
Así o contaron os medios galegos:
O Dioivo: A empresa Imaxin-Software gaña o Premio Leixaprén 2012
Praza: Imaxin Software gaña o Premio Leixaprén, centrado este ano no uso do galego na empresa
Sermos Galiza: A empresa Imaxin-Software gaña o Premio Leixaprén 2012 polo uso cotián do galego
A propia CGENDL explica polo miudo as características deste premio neste web.
Así o contaron os medios galegos:
O Dioivo: A empresa Imaxin-Software gaña o Premio Leixaprén 2012
Praza: Imaxin Software gaña o Premio Leixaprén, centrado este ano no uso do galego na empresa
Sermos Galiza: A empresa Imaxin-Software gaña o Premio Leixaprén 2012 polo uso cotián do galego
Para quê?
por Valentim Fagim, en Sermos Galiza:
Umha das bondades do facebook é oferecer debates interessantíssimos sobre todos os temas por parte de nom especialistas. Até a mim chegou um deles polo facto de ser citado na conversa e a linha central da mesma era, em termos mais ou menos técnicos, se havia que aceitar o grau de castelhanizaçom das falas galegas ou, polo contrário, havia que criar um modelo de língua que oferecesse em seu lugar formas genuínas, ainda que estas nom estivessem generalizadas socialmente.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






