Días atrás producíase un enfrontamento dialéctico entre o goberno da Xunta de Galiza e as tres universidades galegas a respecto da lingua galega. O actual presidente da RAG, Alonso Montero, terzaba no conflito dicindo algo máis ou menos así: “O Partido Popular non veu ao mundo para salvar a lingua galega”. E razón non lle faltaba ao egrexio profesor. Non é propósito ou cometido seu, o de velar nin, moito menos, o de pular ou promover o uso e extensión da lingua galega. Non está dentro do seu programa. Ben ao contrario. Nunha actitude sen precedentes, e arrogándose o papel de xusticeiro valedor do que no seu programa disque prometera, asumiu o que a organización galegófoba, Galicia Bilingüe, lle exixía. O tal pretexto veu provocar a ruptura do pacto social habido até ese instante: o da implantación a partes iguais –galego e español– no ensino obrigatorio, que ficou derrogada dun plumazo. Impúxose, pois, o chamado Decreto de Plurilingüismo, para falsamente aplicar un 33’3% de galego, español e un terceiro idioma tan oficial do Estado, así como autonómico, como é o inglés no sistema educativo.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
domingo, 31 de maio de 2015
Cativa e desarmada, a lingua galega
por Henrique Dacosta no Diario de Ferrol:
Carta aberta aos novos políticos sobre a lingua galega
por Xaquín Campo Freire, no Sermos Galiza:
Meus benqueridos donas e cabaleiros:
Primeiriño de todo, os meus respectos e manifestarlles as miñas esperanzas.
Digo esperanzas, porque despois do ataque desapiadado, constante e sen nome do Señor Núñez Feijoo ao herdo espiritual meirande que nos legaron os nosos maiores, non só estou abraiado, como teño manifestado en múltiples artigos, senón que coma no inferno da Divina Comedia do Dante tiña perdida toda esperanza e vía irremisibelmente arruinada a nosa fermosa lingua. Pero coa chegada de vostedes mesmo me parece querer ver que algo moi importante pode de verdade mudar.
venres, 29 de maio de 2015
Hypatiamat
Desafortunadamente os que impartimos clases de matemáticas puidemos comprobar como nos últimos anos vimos sufrindo unha falta de recursos ofertados desde as institucións educativas. En Galicia houbo sempre pouca oferta. O camiño comenzara a abrirse a principios deste século foi aniquilado a partir do ano 2010. Quedaba aínda o MEC, pero a política educativa dos últimos anos consistiu no abandono de todos os proxectos educativos gratuitos e promovidos desde as institucións públicas para apostar polos recursos educativos de pago. Baixo a epígrafe de "Mochila Dixital" ou "Edixgal" está a facerse unha aposta que exclúe a elaboración desde un laboratorio didáctico público xa que isto non favorece o substancioso negocio dos materiais escolares.
Ata o momento había espazo para as editoriais pero existían tamén moitos proxectos sustentados desde a iniciativa pública que eran realmente gorentosos para a posta en fucionamento nas aulas. Poño como exemplo o Proxecto Descartes que foi completamente abandonado polo Ministerio de Educación e do que agora só queda un desamparado portal con problemas de accesibilidade aos seus recursos. Aínda bo é que os que sustentaban o proxecto seguen a mantelo actualizado, renovado e de libre acceso tan e como podemos comprobar na súa nova dirección.
As razóns aquí expostas fan que teñamos que buscar outras xanelas que nos fornezan de recursos educativos para a aula de matemáticas. Tendo en conta a proximidade da nosa lingua co portugués non é mala idea ir pescar nos países desta fala. Neste caso basta con cruzar o Miño para atoparmos unha boa fardela. O seu nome, Hypatiamat.
Hypatiamat
Para enfrontarse ao problema do fracaso escolar das matemáticas en Portugal, o Departamento de Matemática da Universidade de Coimbra en colaboración co Grupo Universitário de Investigação em Autorregulação da Escola de Psicologia da Universidade do Minho.
O proxecto consiste na utilización de aplicacións interactivas para contribuir á aprendizaxe das matemáticas para alumnos de 5º ano (5º primaria) a 9º ano (3º ESO). Podemos distinguir cinco ofertas principais:
Ata o momento había espazo para as editoriais pero existían tamén moitos proxectos sustentados desde a iniciativa pública que eran realmente gorentosos para a posta en fucionamento nas aulas. Poño como exemplo o Proxecto Descartes que foi completamente abandonado polo Ministerio de Educación e do que agora só queda un desamparado portal con problemas de accesibilidade aos seus recursos. Aínda bo é que os que sustentaban o proxecto seguen a mantelo actualizado, renovado e de libre acceso tan e como podemos comprobar na súa nova dirección.
As razóns aquí expostas fan que teñamos que buscar outras xanelas que nos fornezan de recursos educativos para a aula de matemáticas. Tendo en conta a proximidade da nosa lingua co portugués non é mala idea ir pescar nos países desta fala. Neste caso basta con cruzar o Miño para atoparmos unha boa fardela. O seu nome, Hypatiamat.
Hypatiamat
Para enfrontarse ao problema do fracaso escolar das matemáticas en Portugal, o Departamento de Matemática da Universidade de Coimbra en colaboración co Grupo Universitário de Investigação em Autorregulação da Escola de Psicologia da Universidade do Minho.
O proxecto consiste na utilización de aplicacións interactivas para contribuir á aprendizaxe das matemáticas para alumnos de 5º ano (5º primaria) a 9º ano (3º ESO). Podemos distinguir cinco ofertas principais:- Aplicacións interactivas. Consiste nunha colección de unidades didácticas interactivas sobre distintos temas. Fixéronme recordar o excelente material ED@D do Proxecto Descartes.
- Apps para aprender. Podemos atopar aplicacións que nos ensinan a construir triángulos, a aprender o algoritmo de Euclides, a comparar perímetros, a resolver ecuacións,...
- Xogos didácticos. Un apartado fantástico no que temos xogos como o da Torre de Hanoi, o do NIM, o Tangram, o Tetris, ... Un deles é o Ouri, que non é outra cousa que un xogo mancala. No último número da revista Gamma podemos ler un artigo sobre o xogo.
- Resolver cuestións. Portal de exercicios clasificados por temas.
- Xogo para mellorares o cálculo. Trátase dun xogo realmente entretido para practicar o cálculo numérico. Na arañeira da rede podemos atopar moitos que buscan este mesmo obxectivo, mais este ten unha apariencia simple e resulta moi efectivo. Aparécenos unha matriz chea de números, un reloxo, un resultado e unha operación aritmética. Temos que usar os números da matriz para obter o resultado dado.
No seguinte vídeo podemos facernos unha idea dos contidos de Hypatiamat, pero case o mellor é mergullarse no web e remexer. Alí, tras esta ligazón hai todo un mundo por descubrir cheo de posibilidades para as nosas aulas de matemáticas.
xoves, 28 de maio de 2015
1000 primaveras +.1
Prolingua lanzou o primeiro dos seus vídeos da campaña argallada sobre esa frase de Cunqueiro, da que se cumpren 30 anos. Un mundo de persoas parcipan nesta peza audiovisual, entre eles o autor deste blogue.
Velaquí o texto de Cunqueiro:
Velaquí o texto de Cunqueiro:
Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis".
mércores, 27 de maio de 2015
Entrevista e encontro con Gonzalo Navaza
O pasado 7 de maio Gonzalo Navaza fíxonos unha visita ao IES Pintor Colmeiro. A razón? No centro estase a realizar un traballo enorme arredor da recuperación e posta en valor da toponimia e as lendas do concello de Silleda. Trátase do proxecto didáctico Antonio Fraguas, premiado con este galardón na súa 9ª edición.
Aproveitando a ocasión Gonzalo Navaza descubriu unha placa coa que nomeamos unha das aulas do centro. No primeiro dos vídeos dúas alumnas de 2º de bacharelato, Denise e Sonia, fan unha presentación deste experto en toponimia que despois imparte unha charla ao alumnado. No segundo Sonia e Martina, de 1º de bacharelato, fanlle unha entrevista moi interesante.
Non é a primeira ocasión que traio a este blogue intervencións de Gonzalo Navaza, sempre interesantes e nunca aburridas. Queredes saber cantos topónimos hai en Galicia?, pois escoitade...
Aproveitando a ocasión Gonzalo Navaza descubriu unha placa coa que nomeamos unha das aulas do centro. No primeiro dos vídeos dúas alumnas de 2º de bacharelato, Denise e Sonia, fan unha presentación deste experto en toponimia que despois imparte unha charla ao alumnado. No segundo Sonia e Martina, de 1º de bacharelato, fanlle unha entrevista moi interesante.
Non é a primeira ocasión que traio a este blogue intervencións de Gonzalo Navaza, sempre interesantes e nunca aburridas. Queredes saber cantos topónimos hai en Galicia?, pois escoitade...
martes, 26 de maio de 2015
QuéroTE na miña lingua
Xa comentamos que o da Estrada foi o derradeiro Correlingua do 2015. Na súa celebración a pancarta máis vistosa foi a do IES Antón Losada (A Estrada), e velaquí que tiveron a boa idea de gravar o proceso de confección. Isto demostra que o Correlingua é moito máis que unha xuntanza festeira do alumnado dunha comarca, é unha desculpa para poñer en marcha ideas e proxectos que achegan o uso da lingua á rapazada.
Un lema simple, cargado de profundidade, e un deseño atractivo. Un final de ouro para os Correlinguas deste ano.
luns, 25 de maio de 2015
Como eu te amo
Unha xenialidade de Lucía Aldao e María Lado. Para explicar a colocación do pronome átono botan man dunha versión da canción de Rocío Jurado, Como eu te amo. A gravación está recollida do blogue Gasta a lingua, foi realizada o pasado 21 de maio, nunha das moitas actvidades que o IES Lois Peña Novo (Vilalba) realizou durante este mes.
domingo, 24 de maio de 2015
Presumindo de galego
Cantas veces lle teremos que agradecer á Coordinadora galega de ENDL (CGENDL) as boas propostas que ceiban para que as aproveiten os Equipos dos centros escolares! A última proposta da CGENDL consistía en que graváramos a fala dos mozos dos nosos centros para que puideran Presumir de galego. Por que? Pois porque existimos os e as galegofalantes de menos de 60 anos, incluso de menos de 40, e de 30... ningún chegamos aos 18! Invitámosche a que entres na páxina da CGENDL e que busques os podcasts que gravamos en Silleda:
Gravacións> Provincia: Pontevedra> Concello: Silleda.
Tamén os podes escoitar aquí, nesta entrada.
Conversa informal
Co obxectivo de escoitarmos a un grupo de rapaces de 13-14 anos coa fala das terras de Silleda, grabamos esta conversa informal nun grupo formado por tres deles : Carlos Taín, Laura Diéguez e Marcos Caetano
A lenda do Pelapatacas
Laura Diéguez Troitiño cóntanos a lenda do Pelapatacas
A pesca
Juan José fálanos da súa afición: a pesca. Cóntanos con quen a practica e as técnicas que usa
A lenda do San Xoán
David Mato fálanos dunha lenda da noite de San Xoán
A lenda do casamento
Carlos Taín Gil fálalos dunha lenda sobre o que debían facer os homes cando casaban
A lenda do Carro de Ouro
Lucía Dapena Carracedo, cóntanos a lenda do Carro de Ouro
Os Xenerais da Ulla
A dos Xenerais da Ulla é celebración tradicional do antroido típica das terras da beira do río Ulla. Marcos Caetano Vázquez, infórmanos das súa orixes
Gravacións> Provincia: Pontevedra> Concello: Silleda.
Tamén os podes escoitar aquí, nesta entrada.
Conversa informal
Co obxectivo de escoitarmos a un grupo de rapaces de 13-14 anos coa fala das terras de Silleda, grabamos esta conversa informal nun grupo formado por tres deles : Carlos Taín, Laura Diéguez e Marcos Caetano
A lenda do Pelapatacas
Laura Diéguez Troitiño cóntanos a lenda do Pelapatacas
A pesca
Juan José fálanos da súa afición: a pesca. Cóntanos con quen a practica e as técnicas que usa
A lenda do San Xoán
David Mato fálanos dunha lenda da noite de San Xoán
A lenda do casamento
Carlos Taín Gil fálalos dunha lenda sobre o que debían facer os homes cando casaban
A lenda do Carro de Ouro
Lucía Dapena Carracedo, cóntanos a lenda do Carro de Ouro
Os Xenerais da Ulla
A dos Xenerais da Ulla é celebración tradicional do antroido típica das terras da beira do río Ulla. Marcos Caetano Vázquez, infórmanos das súa orixes
sábado, 23 de maio de 2015
Manifestación de Queremos Galego en Vigo (17/5/15)
Xa vai alá case unha semana desde a manifestación do 17 de maio convocada por Queremos Galego e aínda non deixara neste portal algún dos vídeos que nos amosaran o seu desenvolvemento. Como sempre o fixen, desta volta non quería deixar de facelo.
venres, 22 de maio de 2015
Correlingua 2015 en Vigo
Está rematando a edición deste ano do Correlingua. O vindeiro luns 25 pecharase na Estrada e espero que o pasemos tan ben como a rapazada de Vigo.
xoves, 21 de maio de 2015
Na rúa e na escola o galego mola
Impresionante, alegre e agarimoso vídeo realizado polo Equipo de Normalización do CEIP da Ramallosa, un traballo co que pretenden concienciar a toda a contorna da importancia de conservar e potenciar a nosa lingua como un dos máis grandes patrimonios dos que dispoñemos. Na súa realización colaborou toda a comunidade educativa, especialmente a ANPA Río Tella e unha chea de comercios da zona. Os rapaces elaboraron pareados que reivindican o uso da lingua nos máis variados ámbitos sociais. Podémolos oir no transcurso de toda unha curta chea de ilusión e mensaxes positivas.
Deste vídeo terían moito que aprender os responsables da política lingüística do noso país. Cando se lle reclama á Xunta que deixe de excluir a lingua na escola, a resposta máis habitual é que é un erro centrarse en exclusiva na escola, que onde hai que activar as políticas de promoción do uso da lingua é na rúa. Mais cando se lle reclama á Xunta que responda destas políticas a resposta vén sendo que a xente é libre de usar a lingua que queira. En conclusión, como na escola non aprenderon a desfacerse dos prexuízos, non se pode facer unha política lingüística para os ámbitos de fóra da escola, pero tampouco pode facerse dentro da escola porque o importante é que se realice fóra. E así estamos. No CEIP da Ramallosa romperon este aparente nó gordiano explicándonos neste documento audiovisual cal é co camiño: unha política normalizadora transversal.
Vía Xosé Eixo
Don Ricardo
por Miguel Anxo Fernán Vello, no Sermos Galiza:
Cando se cumpriron dez anos do pasamento do sabio profesor, do intelectual polígrafo e do escritor total que foi don Ricardo Carvalho Calero (1910-1990), eu lembraba naquela altura que don Ricardo, como ninguén no seu tempo, soubera ver, dende unha fonda tensión que lle fornecía o coñecemento de Rosalía e de Castelao, a raíz e o froito dunha nación chamada Galiza: unha forma de harmonía futura —pensaba eu— na cal brillaría ben alta a figura e a obra do mestre ferrolán. Mais a día de hoxe, cando xa se teñen
A lingua, este presente incómodo...
por Antón Dobao, na Praza Pública:
Deixemos que vaia marchando de nosoutros o 17 de maio, con Filgueira ó carrelo, que nos pase por diante coma un tren de mercadorías con locomotora sen pantógrafo e nos deixe un fume mesto e tóxico. Así teremos escusa para protexernos, que a cousa dá xa para case toda clase de prevencións. E empecemos a tratar a lingua como merece unha lingua. Imaxino que algo semellante a iso vén a ser a soleira do edificio da normalización que se esixe, se soña e se desexa conquistar.
mércores, 20 de maio de 2015
Valentín García e o seu programa electoral
![]() |
| Imaxe tomada da campaña electoral do PP da Estrada |
O PP estradense avanza 200 medidas en 11 bloques temáticos. Ningún deses bloques está adicado á lingua, e de consultarmos ese par de centos de medidas quedaríamos nas mesmas. Sendo moi xenerosos poderiamos apuntar unha mención tanxencial:
Continuaremos apoiando a celebración anual dos certames de novela, poesía, teatro e xornalismo coa finalidade de posicionar á Estrada no conxunto de Galicia como a “Capital das letras”.Na Estrada outórganse os premios García Barros (de novela), Avelina Valladares (de poesía), o Varela Buxán (de teatro) e o Reimóndez Portela (de xornalismo). Todos eles son premios para obras en galego e todos teñen a súa importancia no labor de dignificación do uso da lingua. Porén no programa do PP non hai ningunha referencia a este obxectivo, fundamental na creación de todos eses premios. Faise unha referencia, por elevación, a unha idea inexistente, a "Capital das letras", ocultándose que o fundamental é, ou debería ser, a revalorización social do galego.
A Rede de Dinamización Lingüística
Como evidencia de que para o PP a política lingüística fica fóra da súa órbita de actuación e pensamento, chegará con recordar que no seu programa de goberno non hai ningunha referencia á Rede de Dinamización Lingüística (RDL), o proxecto estrela dos últimos anos da SXPL no ámbito local. O presidente da Xunta Directiva da RDL é Valentín García. Esta Xunta Directiva está formada por outros dous membros, un deles é José López, o candidato a revalidar a alcaldía estradense polo PP. En conclusión, José López e Valentín García son a maioría da Xunta Directiva da RDL e no programa do PP da Estrada non hai ningunha referencia á RDL. Quizais unha mostra do fracaso deste proxecto?
Nin SNL, nin Plan Municipal de Normalización.
Chegados a este punto a ninguén lle pode chamar a atención que entre esas 200 propostas do PP estradense non haxa tampouco referencia algunha ao Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do concello, área que contou durante moitos anos co asesoramento de Valentín García. A pesar disto non hai ningún Plan Municipal para o desenvolvemento das política lingüística municipal. Sendo isto así, que podemos esperar da política lingüística a desenvolver pola SXPL?
Hai moitos aspectos que un Plan Municipal de Normalización nun concello de certa entidade como o da Estrada, debería ter en conta para o seu desenvolvemento. Nos dous últimos cursos escolares e por iniciativa do Concello, realizáronse actividades conxuntas cos ENDL dos centros escolares do municipio, pero ninguén se acorda de darlle continuidades desde os programas electorais. Pola contra o Concello tamén se destacou na última lexislatura por poñerse ao servizo das directrices máis radicais en materia de lingua ao vetar durante dous anos a celebración do Correlingua (e poñendo moitos atrancos á celebración deste ano). Desde hai moito tempo está en funcionamento unha gardería municipal cuxa traxectoria non é precisamente exemplar como transmisora da lingua galega; a biblioteca municipal non programou en décadas de existencia ningunha actividade de promoción da lingua galega, incluso hoxe podemos ver unha nota en español (exclusivamente) nas súas antigas dependencias informando do seu recente cambio de dirección.Tampouco nunca houbo ningún tipo de preocupación por dotar de material en galego á Escola Municipal de Música, nin de propiciar que se desenvolvera o ensino en galego. Desde o Concello non se garante que os contratos con empresas que presten algún tipo de servizo o fagan en galego. Houbo anos nos que se programaron actividades polas Letras Galegas, e anos nos que non. E isto é política seria ou unha verdadeira trapallada?
Despois de escoitar ao secretario xeral na entrevista que lle fixeron no #MaratonGalego de Irmandade.tv xustificando o negacionismo de Carlos Negreira en virtude das características sociolingüísticas da Coruña e despois de ver os vídeos electorais do PP estradense, entenderemos que a verdadeira misión de Valentín García non é a de tirar polo camiño da normalización, senón máis ben de actuar de comisario político obediente ás férreas e antigalegas directrices do seu partido. Cando recibiu o nomeamento de secretario xeral de política lingüística un xa ventaba que isto ía ser así e desafortunadamente estaba no certo: a lingua galega anda tirada nos contedores de lixo da Estrada.
Nota final
Fronte a quen pense en criticar esta entrada aventurando que os outros partidos que presentan candidaturas á alcaldía estradense tampouco fan referencia a estes puntos aquí comentados voulles dar a razón e máis non xa que se ben é certo que o PSOE e Móvete tampouco tiveron en conta para nada a posibilidade de aplicar unha política lingüística innovadora e normalizadora desde as posibilidades que ofrece o goberno local, ou se a agrupación A Estrada Pode presentou un programa vergoñento xa desde a propia redacción nun chapurreo intragable. Pola contra o BNG presenta unha serie de pùntos programáticos que ocupan boa parte do seu programa electoral e que marcan a boa dirección que deberían seguir as outras formacións.
martes, 19 de maio de 2015
Empápate co galego
#EmpápateCoGalego é a nova campaña que Afundación bota a andar en maio de 2015 co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o 17 de maio. Nas oficinas de Abanca repartíanse chapas co lema da campaña.
Etiquetaxe
artigo gañador do XI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2015, por Luz Cures, no Praza, no Sermos,...:

O día que me volvín falante consciente non calculei que iso implicaría converterme en materia susceptible de etiquetaxe variada: catalogadora, simplificadora, descritiva pero, sobre todo, prexuizosa. [galegofalante]

Lingua e sentidiño común
por Xoán Antón Pérez Lema, no Sermos Galiza:
No sentimento xeralizado dunha ampla maioría o galego é unha lingua sentida como propria e aprezada como parte do legado trasmitido polos nosos devanceiros (como dicía Celso Emilio Ferreiro polos “abós que temos mortos”). Algúns quererán moito máis pulo normalizador e outros seica non perceban tan urxente unha actuación política decidida. Mais só unha moi pequena minoría olla ao galego como algo alleo, inconveniente ou, máis aínda, rexeitan a nosa lingua.
luns, 18 de maio de 2015
Dobraxe galega
Algo cheira a podre no mundo da dobraxe das películas ao galego. Padecermos unha política lingüística agresiva contra a lingua galega é o que ten. Son moitas as pólas que se ven afectadas xa que a lingua ten que ver con todo e con todos. Cada vez hai menos películas dobradas en galego, cada vez menos galego nas pantallas de televisión e, en xeral cada vez menos galego por todas partes.
domingo, 17 de maio de 2015
Día de las Letras Gallegas 2015
Velaquí o banner que a Xunta pagou para que publicara un medio dixital da caverna mediática. Pola contra, os medios dixitais que publican as novas exclusivamente en galego foron excluídos de calquera campaña publicitaria da Xunta para conmmemorar o 17 de maio.
O Concello da Coruña initaba hai uns poucos días a celebrar a festa das letras galegas en español. Tratábase do obradoiro de Luchi Iglesias, o paporrubio, ou como dicían desde o Concello da capital: "los juegos del petirrojo":
Con el objetivo de potenciar y promover el uso del gallego en el juego, en el ocio, fuera de las aulas, entre los más nuevos [sic] y el público en general, nace esta actividad,...
A Consellería de Educación, tamén se meteu nestes fregados negacionistas de celebrar o 17 de maio en español, e para máis inri fíxoo por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Efectivamente, anunciaron a colaboración coa sempre sospeitosa Fundación Camilo José Cela na terceira edición do que chaman o Letreseo ou Semana de las letras en el museo:
las actividades que tenemos programadas para esos días en colaboración con el Concello de Padrón y la Secretaría Xeral de Política Lingüística. ¡Te esperamos!
venres, 15 de maio de 2015
De blogues.38
![]() |
| Imaxe da Wikipedia |
- Palabras cruzadas no pavimento, 04/05/15, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
- Textos sobre Filgueira Valverde (1), 04/05/15, por Carlos Callón no seu blogue
- A nosa sanidade pública, 06/05/15, por Pablo Vaamonde, no Pavillón de repouso
- E ao final... escribín!!!!!!, 06/05/15por Luz Cures, no demo me leve
- Rexeitamos a Reválida de 3º de Primaria, 06/06/15, en Confederación de ANPAS galegas
- A praia dos Afogados. O video., 08/05/15, no blogue do ENDL do IES Losada Diéguez (A Estrada), e logho!
- Onte 1320: Máis alá da resistencia, 10/05/15, por M. Bragado en Brétemas
- O humor de Xaquín Marín, 11/05/15, por Carlos L. Medrano, en Xogos de lingua
- Filgueira Valverde, digno da nosa homenaxe?, 11/05/15, por Sarela Betanzos Freire, no Bico da Ría
- Textos sobre Filgueira Valverde (2), 13/05/15, por Carlos Callón no seu blogue
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




